
A iniciativa consiste no achegamento das embarcacións tradicionais á poboación mozo do territorio a través dun obradoiro de cinema.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto "Achegamento ás embarcacións tradicionais para a mocidade da Ría de Muros e Noia" pretende como obxectivo xeral conquerir a visibilización a do patrimonio natural e culturas, dende a óptica e a creatividade dos maís novos do territorio, mediante o emprego das tecnoloxías dixitais emerxentes a partir da estética e da narrativa audiovisual e do cinema documental, a posta en valor, promoción e enriquecimento dos sectores do municipio vencellados directamente ao mar, en particular: á pesca artesanal e ao marisqueo a pé e a flote, a construcción de embarcacións tradicionais de madeira e o turismo marítimo sostible, principalmente. Pero tamén, sendo unha actividade orixinal e única, procura ocmo obxectivo poñer no foco a identificación da esencia marítima como intrínseca ao territorio. Dito obxectivo axústase perfectamente ao obxectivo específico do FEMP.
Fomento do benestar e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuículas, incluíndo o patrimonio cultural, pesqueiro, acuícola e marítimo.
-Consolidar o evento como cita imprescindible para os máis novos do territorio do GALP4 Costa Sostible, como punto de encontro a través do cinema e das novas tecnoloxías.
-Posta en valor da importancia das embarcacións tradicionais tanto dende o ámbito de preservación da identidade cultural como dende o ámbito maedioambiental.
-Promover e garantir o relevo xeracional nas asociacións vencelladas á posta en valor do patrimonio marítimo e particulamente das embarcacións tradicionais.
O proxecto desenvolverase en tres fases:
-Exposición do proxeco nos IES do territorio do Galp Costa Sostible.
- Charlas tendentes á captación do alumnado por parte do equipo de docentes do Obradoiro.
- Mostra e análise de obras producidas nos obradoiros realizados.
- Motivación sobre o uso da tecnoloxía dixital dos móbiles actuais (smartphones), como ferramenta de creación audiovisual e de cinema.
-Desenvolvemento do obradoiro: coa temática das distintas tipoloxías de embarcacións de madeira propias da zona, que se concretará en actividades como as que a continuación se describen:
- Coñecemento das ferramentas propias do cinema con móbiles.
- Actividades tendentes á procura do coñecemento e historia das embacacións de madeira.
- Distribución do alumnado en grupos de tarefas de produción, guión, gravación e edición.
- Proposta dunha ou varias producións
- Actividades de gravación de vídeo e audio con móbiles coa participación dos colaboradores (a Asociación Terra de Outes, entidade socia da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial "Culturmar" e a Asociación do Balandro Xoaquín Vieta e a Confraria de Pescadores San Bartolomé de Noia).
-Presentación dunha ou varias obras. Dentro da cerimonia de Clausura da V Mostra MDFDM 2022 proxectarase a obra e/ou as obras resultantes do obradoiro, e o alumnado recibirá os seus diplomas correspondentes como participantes.
Obxectivo Estratéxico 3: Patrimonio Natural e Cultural
3.2.1 Apoio á rehabilitación e posta en valor de bens materiais e inmateriais do patrimonio cultural costeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)