Esta iniciativa consiste na posta en funcionamento dun Centro de Interpretación do Mar de Lira, acompañado doutras intervencións encamiñadas a difundir a cultural tradicional mariñeira e o patrimonio natural da zona.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Este proxecto ten como obxectivo, ser un complemento á oferta turística e un apoio ao investimento turístico, crear riqueza, xerar empregos indirectos, dar a coñecer os recursos do territorio.
Potenciar espazos de interese turístico, ambiental e paisaxístico.
Dotar a Carnota, e por extensión a toda a zona dun servizo permanente complementario de turismo en auxe.
Preservar e potenciar espazos de interese ambiental a través da práctica do sendeirismo.
Facer unha explotación ordenada do territorio natural e mariño do concello de Carnota.
Pautar o desenvolvmento económico e social en torno ao medio mariño e natural de Carnota.
O litoral e as praias de Carnota, son sen dúbida, un dos espazos máis visitados durante todo o ano, e no período estival a afluencia chega a superar a media dos outros espazos naturais colindantes.
A pesares de ser un espazo de gran importancia turística, non está acondicionado para a práctica do turismo verde e carece de información dos hábitats e especies que anidan e viven na zona litoral.
-Posta en marcha dun Centro de Interpretación do Mar con medio didácticos e interpretativos.
-Inclusión de Carnota como destino nas rutas de calidade e sendeirismo litoral.
-Actividades con colectivos de sendeirismo complementaria á ruta xa existente Senda Verde.
-Protección do medio ambiente litoral.
-Posta ao día dos valores tradicionais e etnográficos do que significaba en Carnota o "andar ao mar".
1.- Posta en funcinamento dun Centro de Interpretación do Mar, difusor da cultura tradicional mariñeira en Lira, onde se colocarán paneis explicativos sobre artes, usos e tradicións, así como unha exposición permanente consistente en artes de pesca, utensilios e unha embarcación tradicional.
2.- Sinalización: colocación de carteis nominais e direccionais, paneis informativos e balizas ao longo do percorrido, todos eles en madeira de pino vermello ou castaño, rotulados si é o caso, e tratados para a intemperie. Colocados con base soterrada e cimentada de formigón.
3.- Difusión dos valores naturais di ZEC a través de paneis informativos nos lugares habilitados para o uso, coa descrición de ruta, hábitats e especies de interese cultural.
4.- Sinalización de áreas de aniñamento do chorlitejo patinegro para a identificación correcta destas áreas aos bañistas e visitantes, e a fin de evitar danos nas postas.
5.- Colocación de pontellas adaptadas a fin de salvar regatos de tempada.
6.- Delimitación das marxes da senda.
7.- Eliminación de residuos e puntos de verquidos incontrolados.
8.- Eliminación de prantas invasivas.
9.- Colocación de mobiliario urbán en puntos panorámicos.
Obxectivo Estratéxico 3. Patrimonio natural e cultural.
3.1 Mellora da calidade ambiental e paisaxística do contorno costeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)