Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Bases que reguladoras da participación nos cursos dirixidos a mulleres do mar, mozas/mozos do sector pesqueiro e carpinterías de ribeira para aumentar as competencias no desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro no ámbito do GALP Costa Sostible

DAS BASES QUE REGULAN A PARTICIPACIÓN NOS CURSOS DIRIXIDOS A MULLERES DO MAR, MOZAS/MOZOS DO SECTOR PESQUEIRO E CARPINTERÍAS DE RIBEIRA PARA AUMENTAR AS COMPETENCIAS NO DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DO GALP COSTA SOSTIBLE

 

OBXECTIVO

Mellorar as competencias e capacidades de certos colectivos dos profesionais do mar para o desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro.

 

DESTINATARIOS

 

-Mulleres profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.

-Xoves, ata 35 anos, profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.

-Propietarios, traballadores e familiares de estaleiros, carpinterías de ribeira e embarcacións tradicionais.

 

CALENDARIO E SEDES

 

Fase presencial

 A data de realización do curso presencial será ao longo do mes de outubro e terá unha duración de catro horas, de 16 a 20 horas. Confirmarase a todas as persoas inscritas o lugar e local dentro do territorio GALP Costa Sostible.

 

Fase personalizada

O curso ten un carácter eminentemente práctico e se realizarán sesións personalizadas nas sedes e nas localizacións das actividades de turismo mariñeiro cunha duración mínima de dúas xornadas.

 

PRAZOS E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación de solicitudes de participación remata o 30 de setembro ás 23:59 h.

As solicitudes deberán ser feitas remitindo o impreso adxunto a gac4@accioncosteira.es

 

BASES

As bases da convocatoria están publicadas en https://galp.xunta.gal/seo-fisterra-ria-muros-noia

/sites/default/files/anuncio_competencias_costa_sostible.pdf

/sites/default/files/bases_competencias_costa_sostible.pdf

/sites/default/files/impreso_inscricion_competencias_costa_sostible.pdf