Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Descrición

A información contida nesta páxina corresponde co período de programación do FEMP 2014-2020.

Pode acceder a información sobre a EDLP aprobada ao GALP no período FEMPA 2021-2027 no seguinte enderezo web https://mar.xunta.gal/gl/o-sector/grupos-de-accion-local-do-sector-pesqu...

Misión, visión e valores da EDLP aprobada no marco do FEMP 2014-2020

Misión: a misión é a meta xeral que actuará como referente último da actuación da entidade.

O GALP contribuirá á creación dun territorio costeiro sostible, cunha especialización intelixente, responsable socialmente e igualitaria derivada da súa condición litoral.

Visión: a visión é, en esencia, unha imaxe que se proxecta no futuro que se desexa para o GALP. É un factor utópico “ideal” que empurra a organización a actuar dunha maneira integrada.

O GALP será un referente na xestión coordinada do desenvolvemento de todo o territorio con base en valores de diversificación económica, sostibilidade e eficacia na xestión.

Valores: calquera organización que promove iniciativas de carácter público ou privado ten como base unha serie de valores, que son un elemento central que artella a definición das súas estratexias. Estes son inherentes ás organizacións, pero tamén son unha determinada maneira de xestionar procesos.

O GALP Costa Sostible debe ser identificado por ser:

-Eficaz na xestión dos recursos dispoñibles, impulsando a captación de investimentos adicionais e potenciando o efecto multiplicador da axudas do FEMP.

-Creativo, capaz de idear e impulsar iniciativas innovadoras e intelixentes, tanto no sector público como no privado, acordes cos obxectivos da EDLP.

-Impulsor e incluso provocador no fomento dos valores da súa política de RSC, en particular os vinculados ao no goberno corporativo e á sostibilidade.

-Artellador do territorio, como un ente capaz de ter unha visión conxunta sobre a costa que abrangue.

-Participativo, empregando as entidades que a compoñen como rede de penetración social, difusión de valores e iniciativas e captación de ideas e toma de decisións.

-Potenciador dunha especialización territorial intelixente, integrada na estratexia RIS3 de Especialización Intelixente de Galicia, en particular a través das seguintes prioridades (numeración da RIS3 Galicia):

1.1. Valorización mar. Valorización dos subprodutos e residuos xerados polas cadeas de valor vinculadas ao mar.

1.2. Acuicultura. Desenvolvemento do sector acuícola.

1.3. Modernización do sector primario. Modernización do sector primario (pesca) cara á mellora sostible das explotacións e á xeración de produtos e servizos innovadores.

1.4. Modernización do sector do turismo e das industrias culturais a través do uso intensivo das TIC para acadar un sector competitivo a nivel europeo baseado no turismo cultural e nos recursos naturais (turismo mariñeiro no noso caso).

2.1. Diversificación de sectores tractores. Diversificación orientada á creación de novos procesos e produtos de alto valor engadido que permitan explorar novos mercados.

2.3. Potenciación da economía do coñecemento. Impulso das TIC e TFE (tecnoloxías facilitadoras esenciais) como sector tractor

3.1. Envellecemento activo. Aplicación de novas tecnoloxías ao envellecemento activo, vida saudable e autonomía persoal.

-Colaborador a nivel supralocal, coa participación en redes de traballo e liderando iniciativas de colaboración con outros GALP de Galicia e con entidades europeas.

 

EDLP_galp_seo_fisterra_ria_muros_noia_0.c.pdf

Modificación da EDLP agosto 2021