Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora na comercialización dos produtos na marca PescadeRias na lonxa de Fisterra

O proxecto presentado consiste na adquisición dunha máquina de xeo que mellore a conservación dos peixes comercializados baixo a marca PescadeRías.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores Ntra. Sra. de Las Arenas de Fisterra
Datos de interese: 
www.cofradiafisterra.org
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se es establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
05/09/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Concello de Fisterra

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
32.560,00
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
32.560,00
Total axuda pública aprobada (€): 
16.931,20
% Subvención: 
52
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
14.391,52
FEMP (%): 
85
CA (€): 
2.539,68
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
4
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo é a da revalorizar a calidade dos peixes pescados con embarcacións de marisqueo e pesca de baixura con artes menores.

1. Revalorización na marca PescadeRía. Na actualidade o noso produto é de excelente calidade, pero imos a intentar mellorar a frescura do noso peixe mantendo ben conservado ata a hora da subasta, polo que lle daremos unha mellor revalorización da marca.

Co novo equipo de xeo a instalar, obteremos un xeo de moi boa calidade, que conservará a frescura dos peixes ata despois da súa venda en lonxa.

2. Aforro enerxético e mellora medioambiental.  A confraría está chamada a rentabilizar a explotación deste equipo de xeo, e isto alcanzarase mediante esta inversión, xa que o novo equipo a instalar é de baixo consumo enerxético.

3. Mellora medioambiental. Esto acadarase debido a que existe un menor consumo enerxético.

4. Os últimos cambios lexislativos e fiscais están forzando a tendencia en Europa a refrixerantes de menor efecto invernadoiro. A partires de 2020 Europa prohibirá o uso do actual R404a pois ten un potencial quentamento atmosférico por riba de 2500. A solución é o gas refrixerante R448a, polo seu baixo potencial de quentamento atmosférico e de menor impacto ambiental.

5. Interese colectivo dos compradores. Mellora na presentación do peixe, o que atraerá novos clientes (compradores, armadores) para a compra e venda de peixe, e para atraer a novas embarcacións a vender na nosa lonxa.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Preténdese materializar este proxecto de inversión, e intentar acadar estes resultados:

-Apoio á marca PescadeRías, mediante o fomento da calidade dos peixes da pesca artesanal de artes menores.

-Mellor conservación da frescura do peixe, coa lámina de plástico e xeo, para que o xeo no estea en contacto co peixe.

-Mellora na eficiencia enerxética no proceso de fabricación do xeo, pra obter un aforro de recursos e unha reducción dos custes enerxéticos e de mantemento, favorecendo o desenvolvemento e viabilidade do servizo con un mellor impacto ambiental.

-Coa nova tecnoloxía do novo equipo, aportará melloras das condicións de traballo e da seguridade dos empleados da confraría.

-Repercutirá nas ganancias dos mariñeiros, mariscadores e armadores, pois aportará un valor engadido ao prezo do peixe.

-O uso do gas refrixerante R448a é tres veces máis económico o importe do imposto do gas refrixerante.

Principais actividades do proxecto: 

A confraría de pescadores de Fisterra, pretende desenvolver as seguintes actuacións:

Revalorizar a marca PescadeRías, pois aínda que a marca xa está implantado en moitas lonxas, cada vez máis lonxas, cada vez máis nos chaman compradores para poser mercar na lonxa de Fisterra, por se un produto PescadeRías.

Eficiencia enerxética na produción do xeo. Na actualidade a confraría dispón de dous equipos de xeo, un é practicamente novo, pero o outro equipo ten catorce anos, polo que queremos sustituir este equipo por un novo con mellores prestacións de enerxía, auga etc. O que se vai a facer é sustituir este equipo para adaptarnos ao Regulamento Europeo F-Gas CE 517/2014 do 16 de abril de 2014, a UE prohibirá o uso do actual R404a a partires do 2020, non se poderá comercializar refrixerante con un Potencial Quentamento Atmosférico superior a 2500, sendo este na actualidade de 3784. Vaise solucionar coa sustitución  deste xerador por outro cunha conversión do gas refrixerante R448a polo seu baixo Potencial Quentamento Atmosférico 1300, de moito menor impacto ambiental. Do mesmo xeito, o tipo impositivo sobre gases refrixerantes segundo a Lei 16/2013 aprobada no BOE nº260 do 30 de outubro de 2013, di que o tipo impositivo estará constituido polo resultado de aplicar o coeficiente 0,020 ao Potencial Quentamento Atmosférico que corresponda a cada gas, polo que o imposto do gas refrixerante para o equipo que temos instalado é de 75,68 €/kg, mentras que para o sustituto o R448a é de 26,00€/kg.

Mediante estas accións e actuacións, a confraría de Fisterra poderá materializar un proceso produtivo máis eficiente e sostible, revalorizando a cadea de comercialización dos produtos da pesca artesanal de artes menores baixo a marca PescadeRías.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1. Sector Pesqueiro

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.2.4 Desenvolvemento de marcas produto e apoio ás existentes no territorio

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)