Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Melloras na loxística e na eficiencia enerxética para a comercialización do produto procedente da pesca artesanal costeira na costa do sur de Fisterra

O proxecto consiste na adquisición dunha furgoneta refrixerada para potenciar o transporte de peixe e marisco procedente da pesca artesanal, facendo especial incidencia no polbo da marca "Polbo de LOnxa", así como a da mellora do aillamento térmico da nave da que dispón o promotor a través da incorporación de catro novos portais.

Datos xerais
Acrónimo: 
MARISCOS GALERO
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Gabriel Lestón Romero
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Persoa física
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro do 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participatio (EDLP) aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
30/07/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
9
Anualidades: 
2020
Data fin de execución: 
31/12/2020
Ámbito de aplicación: 

Carnota

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
59.320,26 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
49.025,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
19.217,80 €
% Subvención: 
39,2
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
16.335,13 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
2.882,67 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo principal do proxecto é o da mellora da competitividade da industria pesqueira local a través de dúas actuacións específicas:

-Aumentar os recursos produtivos do servizo de transporte de produtos procedentes da pesca artesanal adquirindo unha nova unidade produtiva (furgón).

-Mellora da eficiencia enerxética no proceso produtivo e da accesibilidade da nave a través da adquisición duns novos portais de feche cun mellor illamento térmico.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

-Incremento no volume de compra de produtos da pesca artesanal nas lonxas da zona Sur de Fisterra (Fisterra, Corcubión, Lira, O Pindo, Muros, Noia e Porto do Son). Duplicar a capacidade produtiva do servizo de transporte para a recollida de peixe e marisco facilitará aso restaurante, hoteis, centros de estabulación e pescaderías realizar unha maior compra nas lonxas, dado que non terán que estar presentes para recoller o produto e poderán facer ás súas compras a distancia.

-Incremento na cifra de negocio. Ampliar a capacidade produtiva do servizo de transporte de produtos procedentes da pesca artesanal permitirá ampliar a carteira de pedidos e polo tanto aumentar a facturación da empresa.

-Minoración dos custos produtivos ao incorporar maquinaria eficiente. O novo equipamento, máis eficiente respecto do illamento térmico, aportará un aforro enerxético que repercute directamente nun menor custo produtivo.

-Incremento dos beneficios da empresa. O incremento da cifra de negocio de a minoración de custes implican directamente nun incremento dos beneficios da actividade.

 

Principais actividades do proxecto: 

-Actividade 1: Aumentar os recursos produtivos do servizo de transporte de produtos procedentes da pesca artesanal. Adquirirase un novo vehículo de transporte de mercadorías para ampliar o servizo de transporte de produtos da pesca artesanal, imprescindible para atender a actual demanda.

-Actividade 2: Mellora do aillamento térmico da nave. Instalación de catro novos portais de pechamento da nave máis eficientes respecto do illamento térmico e que ademais melloran a accesibilidade da nave, logrando así un menor gasto de enerxía e menor pegada de carbón, así como permitindo o acceso a persoas con mobilidade reducida.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Sector Pesqueiro

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Fomento dun sector pesqueiro sostible ambientalmente, eficiente no uso dos recursos, innovador, competitivo e baseado no coñecemento

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)