Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Obxectivos

  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1 | SECTOR PESQUEIRO. Fomentar un sector pesqueiro máis sostible ambiental e economicamente a través dunha xestión máis eficiente dos recursos e o incremento do valor engadido, a diversificación e a innovación nos estadios da cadea de valor vinculados á transformación, á distribución e á comercialización, aliñándonos cos obxectivos do crecemento azul.
    • Obxectivo específico 1.1. Fomento dun sector pesqueiro sostible ambientalmente, eficiente no uso dos recursos, innovador, competitivo e baseado no coñecemento.
    • Obxectivo específico 1.2. Sostibilidade da actividade pesqueira.
    • Obxectivo específico 1.3. Empoderamento e autoestima do sector pesqueiro.
    • Obxectivo específico 1.4. Fomento dunha acuicultura sostible ambientalmente, eficiente no uso dos recursos, innovadora, competitiva e baseada no coñecemento.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2 | DIVERSIFICACIÓN ECONÓMICA. Potenciar o desenvolvemento económico mediante a diversificación produtiva, o incremento da competitividade, o emprendemento, a mellora das oportunidades de traballo e o emprego alternativo ao traballo no mar potenciando o sector turístico e a diversificación en xeral da actividade produtiva do territorio, coa súa condición mariñeira como elemento diferenciador.
    • Obxectivo específico 2.1. Creación de sinerxías cos entes turísticos con competencias no territorio.
    • Obxectivo específico 2.2. Sostibilidade do turismo mariñeiro no territorio.
    • Obxectivo específico 2.3. Crecemento económico e do emprego a través da mellora da competitividade do destino.
    • Obxectivo específico 2.4. Potenciar a creación de oferta turística de calidade xeradora de emprego.
    • Obxectivo específico 2.5. Potenciación do desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e o aumento da eficiencia enerxética.
    • Obxectivo específico 2.6. Desenvolvemento da artesanía e oficios tradicionais.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3 | PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL. Mellora da calidade de vida das poboacións costeiras mediante a conservación do medio ambiente e a cultura tradicional e a rehabilitación e posta en valor do patrimonio cultural e natural costeiro.
    • Obxectivo específico 3.1. Mellora da calidade ambiental e paisaxística do contorno costeiro.
    • Obxectivo específico 3.2. Recuperación do patrimonio cultural costeiro.
    • Obxectivo específico 3.3. Salvagarda da cultura marítima tradicional.