Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución provisional de concesión de axudas do GALP Costa Sostible convocatoria 2022

A Xunta Directiva do GALP Seo Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible, en reunión celebrada o 18 de marzo en Muros, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na "Orde do 21 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo da Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes para o ano 2021.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL

LISTADO DE PROXECTOS

AVALIACION DE PROXECTOS

 

Esta proposta da Xunta Directiva para proxectos non produtivos da convocatoria de febreiro de 2022 é unha resolución provisional que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios das oficinas do GALP Seo Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible.

Tal como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de axudas do 21 de decembro de 2021 da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a súa publicación.