
Con esta iniciativa preténdese recuperar documentos históricos, como fotografías, publicacións de hemeroteca e actas vencellados á confraría, para posteriormente dixitalizalos, publicalos nun entorno dixital e divulgalos, tanto a través dunha web como a través dun plan de comunicación.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Creación dun escaparate virtual orientado á posta en valor do patrimonio material e inmaterial da confraría de Porto do Son a través da dixitalización do fondo arquivístico desta entidade.
-Organización integral do arquivo documental da confraría.
-Dinamización da zona de influencia do GALP.
-Conservación e mellora do patrimonio inmaterial da confraría.
-Preservación da tradición da cultura mariñeira.
-Revitalización do patrimonio inmaterial.
-Catalogación e inventariado dos fondos.
-Acceso público a través de escaparate virtual.
-Facilitar a trasmisión xeracional do patrimonio.
A confraría conta cun importantísimo fondo documental histórico de fotografías, hemerotecas, documentos e diverso material impreso de alto valor histórico relacionado co sector pesqueiro da zona.
O proxecto pretende realizar a recupareción deses fondos, dixitalizalos e trasladalos a un entorno web accesible para todo o mundo.
Este proceso acompañarase dun plan de comunicación e difusión para dar a coñecer a súa existencia e usalo como reclamo turístico e que redunde en beneficio da zona de influencia do GALP.
Os fondos proveñen da confraría de Porto do Son que é o promotor e será, Porto do Son a base do proxecto, pero ao ser trasladado a un entorno web accesible e aberto podemos falar dun alcance e localización global xa que calquera persoa de calquera parte do mundo terá libre acceso aos fondos.
Ano 1 (2020)
1. Organización, dixitalización e descripción dos fondos.
Ano 2 (2021)
2. Creación dun repositorio dixital para consulta e difusión do fondo histórico da confraría de Porto do Son.
3. Promoción e difusión do proxecto.
Obxectivo Estratéxico 3. Patrimonio natural e cultural.
3.2 Recuperación do patrimonio cultural costeiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)