Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Valorización de la marca de identidad "Azul de Portosín" con ahorro energético

A confraría de pescadores "San Andrés" de Portosín promove o proxecto de "Revalorización da marca de identidade "Azul de Portosísn" e aforro enerxético e o seu obxectivo xeral é a de revalorizar a calidade do peixe capturado polos buques pesqueiros da localidade e asociados á marca "Azul de Portosín":

1.- Revalorización da marca "Azul de Portosín", cos novos equipos a instalar, obterase un xeo de moi alta calidade que ofrecerá aos pesqueiros para unha óptima conservación das capturas "azul de Portosín". O peixe capturado manterá, ata despois da súa venda en lonxa, a súa total frescura.

2.- Aforro enerxético e mellora do medioambiente. Por outra lado, a confraría de Portosín está chamada a rentabilizar a explotación dafFábrica de xeo e elo alcanzarase mediante esta inversión posto que, os novos equipos a instalar, son de baixo consumo enerxético.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín
Datos de interese: 
cofraria@cofradiaportosin.org
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se es establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
10/04/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2017-2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Concello de Porto do Son

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
128.374,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
128.374,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
102.699,20 €
% Subvención: 
80%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
87.294,32 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
15.404,88 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
2
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

-Revalorización da marca Azul de Portosín, coa finalidade de alcanzar un reconoñecemento social conseguindo que o consumidor final asocie o peixe Azul de Portosín como sinónimo de garantía e calidade.

-Fomento do crecemento económico, favorecendo a competitividade e viabilidade do sector pesqueiro.

-Mantemento do emprego actual da fábrica de xeo, apoio á empregabilidade na comunidade pesqueira local. Coa mellora da competitividade e viabilidade da fábrica de xeo, única no territorio. foméntase o asentamento de novas iniciativas e empresas no ámbito territorial.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

-Apoio á marca  "Azul de Portosín" mediante o fomento da calidade da pesca local (sardiña, xarda e xurelo) especies que identifican ao porto e a lonxa de Portosín. Reforzarase e revalorizarase esta marca local mediante o desenvolvemento de Xornadas divulgativas en colaboración co concello de Porto do Son, que promocionen a orixe e calidade dos produtos do mar locais "Azul de Portosín".

-Mellor conservación da frescura do produto pesqueiro: xeo en escamas de diferentes grosores, segundo o tipo de capturas. O que permitirá unha correcta presentación do peixe "azul de portosín".

-Mellora da eficiencia enerxética no proceso de fabricacióndo xeo, para obter un aforro de recursos e unha reducción dos custes enerxéticos e de mantemento, favorecendo o desenvolvemento e viabilidade  do servizo cun menor impacto ambiental.

-Mantemento  do nivel de emprego da fábrica de xeo, con novos equipos que pola súa avanzada tecnoloxía aportarán melloras da condicións de traballo e da seguridade dos operarios contratados pola confraría.

Principais actividades do proxecto: 

-Revalorización da marca "Azul de Portosín". Durante un o segundo fin de semana de xullo a confraría de pescadores de Portosín pretende materializar, en colaboración co concello de Porto do Son, unhas xornadas divulgativas para a exaltación da calidade do peixe azul de Portosín, que consistirán en:

         a. Xornadas técnicas.

         b. Xornadas de portas abertas.

         c. Lanzamento da marca "Azul de Portosín".

         d. Actividade mediática.

         e. Celebración de degustacións e taller de cociña infantil "Pezquechef".

         f. Concertos musicais.

Estas actuacións de carácter social, xurden coa finalidade de reforzar a marca "Azul de Portosín" alcanzando un gran recoñocemento social e conseguindo que o consumidor final asocie  o peixe azul de Portosín como sinónimo de Garantía e Calidade.

-Eficiencia enerxética na fábrica de xeo.  Os actuais equipos da fábrica de xeo de Portosín non suministran xeo, en términos de operatividade e eficiencia. O actual proceso de de fabricación de xeo conleva un alto custe enerxético e custe de mantemento; e por elo, se precisa adquirir equipos de frío de tecnoloxía punteira, que permitan o suministro de xeo en escamas co espesor adecuado, segundo as necesidades de cada asociado, e uha mellora enerxética con menor impacto medioambiental, o que suporá ademais, un importante aforro económico, de vital importancia para o mantemento da actividade, por todo elo a confraría de Portosín pretende adquirir un xenerador de xeo en escama e un condensador evaporativo.

Mediante estas actuacións a confraría de pescadores San Andrés de Portosín poderá materializar un proceso produtivo máis eficiente e sostible, revalorizando a cadea de comercialización dos produtos da pesca baixo a marca "Azul de Portosín".

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1. Sector pesqueiro

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.2.4 Valorización dos produtos da pesca local mediante o apoio á comercialización e presenza nos mercados dos produtos pesqueiros así como o potenciamento do valor engadido dos mesmos.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)