Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Voga-Voga pola reducción dos residuos plásticos no medio mariño

Creación dun taller de prototipado de plástico procedente da limpeza de praias, do litoral e tamén das lonxas.

Datos xerais
Acrónimo: 
Voga-Voga
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
A Misela, Asociación de persoas con discapacidade da comarca Noia-Muros
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Asociación sin ánimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro do 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participatio (EDLP) aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
30/07/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2020-2021
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Ría Muros-Noia.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
46.423,21 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
46.423,21 €
Total axuda pública aprobada (€): 
37.602,80
% Subvención: 
81
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
31.962,38 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
5.640,42 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Promover que persoas con discapacidade  se formen e se impliquen para que a Ría Muros-Noia sexa unha costa libre de residuos, a través da limpeza da mesma e do tratemento do plástico recollido para darlle unha segunda vida.

O obxectivo do proxecto relaciónase de forma directa cos específicos do FEMP, xa que a través da limpeza de praias, litoral e directamente do mar dende as embarcacións, permite protexer o medio mariño e favorecer a calidade medio ambiental da costa. Ademais, a través do prototipado de plástico, ofreceráselle a este unha segunda vida e crearase novo material, que permitirá concienciar e visibilizar sobre o coidado dos ecosistemas e protexer a biodiversidade mariña.

Así este proxecto constitúe unha iniciativa pioneira que pode crear un procedente para que xurdan actividades económicas relacionadas co medio ambiente na zona.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

-Contar cun taller de prototipado do plástico, para reducir a cantidade de residuos plásticos existentes e darlle unha segunda vida ao mesmo.

-Alta participación de persoas con discapacidade no proxecto pra favorecer a inclusión social e formación pre-laboral. Tanto nas tarefas de limpeza como de sensibilización e tratamento do plástico.

-A cantidade de residuos existentes no medio mariño vese reducida, a través da limpeza de praias na zona de Testal e Boa, así como dende as embarcacións, recollendo lixo da superficie do mar.

-Sensibilización a través de talleres educativos, campañas e actividades, tanto con centros educativos, outras entidades sociais e traballadores do mar, para favorecer a concienciación colectiva sobre a redución dos residuos e as súa recollida e tratamento.

Principais actividades do proxecto: 

-Actividade 1. Creación dun taller de prototipado de plástico. Coa adquisición de maquinaria específica para o tratamento do plástico e adquisición de material para realizar a actividade. A maquinaria permite a manipulación dos residuos plásticos, dende trituralos ata convertelos en obxectos de longa vida e útiles para a realización de diferentes actividades.

-Actividade 2. Formación inicial e continua. A actividade conta de varios tipos de formación:

Formación de monitores e persoas usuarias do Centro Misela na recollida  de residuos.

Formación de monitores e persoas usuarias do Centro Misela no manexo das máquinas do taller de prototipado.

Formación das persoas usuarias na realización e desenvolvemento de charlas de sensibilización.

Prácticas da formación realizada das persoas con discapacidade.

-Actividade 3. Difusión do proxecto. Web de sensibilización e difusión do proxecto, así como a creación dun logotipo para ofrecer unha imaxe de marca e favorecer a concienciación global. Carteis, trípticos.....

-Actividade 4. Limpeza e actividades do taller de prototipado. Esta actividade será levada a cabo por persoas con discapacidade do Centro Misela e conta con diversas tarefas:

Limpeza: recollendo os residuos mariños que se atopan nas praias do litoral. Esta limpeza levarase a cabo de distintos modos.

A pe: nas praias e nas marxes costeiras, levado a cabo polas persoas usuarias do Centro Misela, como nas actividades grupais de sensibilización con centros educativos, entidades sociais....

Dende embarcacións do clube Adeco-Dea: sempre e cando se observe unha zona de gran acumulación de residuos, por exemplo nos portos (Portosín, O Freixo, Testal), recollendo dende as embarcacións deste, o plástico que se observe flotando nas superficie do mar.

Tamén é importante mesta actividade a colaboración coa Confraría de Pescadores de Noia, xa que  nos permitirán ubicar contenedores destinados á recollida dos residuos, contando coa colaboración dos traballadores dos mar para o proxecto.

Xestión dos residuos: Separación dos residuos nos contenedores correspondentes e selección do plástico para o taller de prototipado.

Actividade de prototipado no taller: a través das máquinas do taller converterase o plástico recollido en produtos diversos de alta resistencia, ofrencendo unha segunda vida ao mesmo, e diminuíndo os residuos atopados.

-Actividade 5: Actividades pra grupos e sensibilización. A nivel global a través da páxina web e a nivel específico incluirá charlas de formación para centros educativos da zona, entidades do sector social como A Creba, Adisbismur, Domus-VI etc.

As persoas usuarias da Asociación Misela serán as protagonistas que dirixan todas as actividades propostas: limpeza de praias e zonas costeiras, xestión de residuos, taller de protitipado e sensibilización.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 3. Patrimonio natural e cultural.

Obxectivo específico da EDLP: 

3.1. Mellora da calidade ambiental e paisaxística do contorno costeiro.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)