Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Actividade formativa de confección e mantemento de artes e aparellos e obtención do certificado de profesionalidade.

O obxectivo xeral do proxecto e a cualificación profesional de 15 persoas desempregadas ou activas (preferentemente mulleres) que queren traballar como redeiras por conta propia ou allea, isto se relaciona co obxetivo específico do FEMP 1.2: Conseguir un sector pesqueiro profesional, innovador e igualitario no conxunto do territorio. 

Para esta actuvidade formativa do alumnado será preseleccionado pola oficina de emprego para cubrir 15 prazas. O sondeo realizarase entre persoas desempregadas e ocupadas dos concellos que forman parte do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, con uns criterios preferentes.

O obxectivo do curso e confeccional e montar artes e aparellos de pesca, así como efectuar a súa reparación e mantemento, seguindo as indicacións dos planos e/ou os procedementos tradicionais.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Sada
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados para os grupoas de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
09/08/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2019-2020
Data fin de execución: 
28/11/2019
Ámbito de aplicación: 

Concello de Sada e ademais o resto dos concellos que pertencen ao territorio do GALP Golfo Ártabro Sur.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
13.900,19
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
9.995
Total axuda pública aprobada (€): 
9.995
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
8.495,75
FEMP (%): 
85
CA (€): 
1.499,25
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto e a cualificación profesional de 15 persoas desempregadas ou activas (preferentemente mulleres) que queren traballar como redeiras por conta propia ou allea, o que se relaciona co obxectivo espefífico FEMP 1.2: Conseguir un sector pesqueiro profesional, innovador e igualitario no conxunto do territorio. Con esto promóvese o relevo xeracional dunha actividade na que se está a producir unha perda e envellentamento da man de obra. 

Búscase conseguir:

- Recolocar aos traballadores do mar que busquen actividades en terra.

- Recualificar profesional dentro da estructura laboral do barco. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Promover o recoñecemento da formación non reglada a través dos Certificados de Profesionalidade, requisito imprescindible para darse de alta na seguridade social para realizar actividades de confección e mantemento de artes e aparellos. Obter o certificado profesional necesario para adicarse profesionalmente á profesión de redeira. 

Na actualidade este tipo de traballo realízase por xente maior e con esta actividade formarase a xente xoven para o seu relevo, dando oportunidades a optar a outros sectores que actualmente estén en paro a que se formen. Así mesmo, permitirá a recuperación das formas de traballar cuxa transferencia facíase normalmente por vía oral. 

O persoal de "a bordo" o que xa se adique ao sector pesqueiro, poden realizar o curso, supoñendo un valor engadido e que na actualidade os armadores esixen o coñecemento desta arte para contratar novo persoal. 

En conclusión, permitiríase a formación de alumnado para a confección e montaxe das artes e aparellos, para a elaboración dos años e elementos en artes, planos e mateirais, así como o seu mantemento e un módulo de prácticas profesionais non laborais.

Principais actividades do proxecto: 

Neste proxecto principalmente realizaranse labores formativas, que cumplorán todos os requisitos esixidos polo certificado de profesionalidade Confección e Mantemento de Artes e Aparellos. Abordará os contidos establecido no Real Decreto 1376/2009 para este certificado de profesionalidade Confección e mantemento de artes e aparellos MAPN0108.

O seguemento da formación por parte do persoal técnico facilitarase mediante o emprego dos seguintes formularios:

- Planificación didáctira do curso con desglose por unidades formativas. Indicarase para cada unidade formativa os obxectivos, específicos, contidos, as estratexias metodolóxias, actividades de aprendizaxe e recursos didácticos, así como os espazos, instalacións e equipamentos. Incluirá unha planificación da avaliación do aprendizaxe e a programación formativa durante o módulo práctico. 

- Formulario de control de asistencia.

- Informe da avaliación individualizado de cada alumno, con indicación da avaliación continua do proceso de aprendizaxe, dos resultados obtidos nas probas de avaliación de cada módulo, da calificación final do módulo e observacións. 

- Acta de avaliación conxunta para todo o grupo, con indicacións do resultado obtido por cada alumno na avaliación de cada unidade formatica e cada módulo, así como a posibilidade de obtención de certificado ou acreditación parcial.

- Certificación de aproveitamente do curso, emitido ás persoas que participen nun mínimo do 78% de cada módulo e superen a avaliación.

Este certificado será emitido por CETMAR, o concello de Sada e aparecerán os logos das entidades financiadoras FEMP, Consellería do Mar e GALP Golfo Ártabro Sur e non se corresponde co Certificado de Profesionalidade que emitirá a Consellería de Economía, Emprego e Industria. 

Para esta actividade formatica o alumnado será preseleccionado pola oficina de emprego para cubrir 15 prazas. O sondeo realizase entre persoas desempregadas e ocupadas dos concellos que forman parte do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, con criterios preferentes. 

O obxectivo do curso e confeccionar e montar artes e aparellos de pesca, así como efectuar a súa reparación e mantemento, seguindo as indicacións dos planos e/ou procedementos tradicionais.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da xuventude, en especial a través do aumento de valor engadido dos productos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de suministro dos ptroductos pesqueiros; e garantizar unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños

 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.2: Conseguir un sector pesqueiro profesional, innovador e igualitario no conxunto do territorio. 

Liñas de actuación 1.2.2: traballar no recoñecemento social, igualdade e empoderamento do sector pesqueiro.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)