O proxecto consiste na adquisición dunha embarcación tipo J70 e dunha lancha neumática con motor, co obxectivo de ampliar a oferta deportiva e formativa do Club de Vela Alamar e mellorar a capacidade operativa nas súas actividades náuticas. A incorporación do J70 permitirá ofrecer cursos avanzados de vela, facilitar a transición da vela lixeira á de cruceiro, fomentar a participación en regatas oficiais e crear tripulacións mixtas e femininas.
A nova zodiac permitirá aumentar o número de participantes nas actividades, mantendo a seguridade e os ratios adecuados, especialmente durante os cursos de verán, actividades escolares e programas sociais. O proxecto inclúe ademais accións complementarias de sensibilización ambiental, posta en valor do patrimonio mariñeiro e promoción do turismo náutico sostible, mediante a organización de regatas, degustacións de produto local e colaboracións con entidades do territorio.
A actuación contribúe á inclusión social, á desestacionalización do turismo e á dinamización da economía local, beneficiando tanto a persoas asociadas como a visitantes, alumnado dos centros educativos e colectivos vulnerables da comarca.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Aumentar o número de persoas que poden practicar deportes náuticos con seguridade
-
Mellorar a oferta formativa do club mediante a incorporación de cursos co J70
-
Fomentar a participación en regatas de cruceiro, promovendo a marca Sada
-
Facilitar a transición de regatistas xuvenís á idade adulta
-
Promover a integración de mulleres no deporte da vela mediante a creación de tripulacións femininas
-
Desenvolver accións educativas e ambientais ligadas ao mar e á súa conservación
-
Apoiar a conciliación familiar e a inclusión social a través de programas dirixidos a colectivos vulnerables
-
Promover o turismo náutico sostible e a desestacionalización das visitas á ría de Sada
-
Fomentar o coñecemento do patrimonio cultural mariñeiro e a navegación tradicional
-
Aumento do ratio de persoas que poden estar na auga simultaneamente en condicións seguras
-
Incremento do número de participantes nos cursos e actividades do club
-
Ampliación da oferta deportiva do club con novas modalidades
-
Maior visibilidade do deporte da vela e da vila de Sada a nivel galego e estatal
-
Impulso ao consumo local derivado das actividades deportivas e turísticas
-
Mellora da inclusión e acceso ao mar de colectivos vulnerables
-
Fomento do coñecemento e respecto polo mar, a cultura tradicional e o medio ambiente
-
Contribución á diversificación económica e turística do territorio
-
Adquisición dunha embarcación J70 para uso formativo e competitivo
-
Organización de cursos de vela para socios e usuarios externos na nova embarcación
-
Participación en regatas autonómicas, nacionais e internacionais de clase J70
-
Organización futura de regatas J70 na ría de Sada
-
Adquisición dunha embarcación neumática con motor para apoio en actividades náuticas
-
Realización de charlas ambientais e culturais en colaboración con entidades como Hábitat, Trasatec, Reserva da Biosfera Terras do Mandeo ou Os Patexeiros
-
Actividades de limpeza de praias e concienciación ecolóxica
-
Participación e mantemento de programas sociais como Xogade no Mar e Plan Corresponsables
-
Organización de degustacións de produtos locais durante eventos deportivos
Obxectivo estratéxico 2: Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
Obxectivo específico 2.1: Reducir o impacto das actividades relacionadas co mar e promover iniciativas de economía circular, economía azul, benestar social e seguridade litoral.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

