
Servizo innovador a bordo unha embarcación de ocio náutico que completa experiencias e iniciativas de contido mariñeiro ou pesqueiro que promoven o reconocimiento dos oficios do mar, a valorización dos recursos ambientais, a conservación do medio natual e do patrimonio ligado ao mar e a calidade dos produtos pesqueiros e marisqueiro do territorio do Golfo Ártabro Sur.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Os principais obxectivos do proxecto son os seguintes:
- Instaurar o turismo náutico de calidade diferencial no territorio caracterizado por un excelente servizo e pola singularidade da oferta proposta que permita a desestacionalización turística para contar cunha embarcación que polas súas características faga posible unha navegación confortable durante tódolos meses do ano.
- Identificación do Golfo Ártabro Sur como destino turístico de referencia a nivel paisaxístico, ambiental e mariñeiro, poñendo en valor o patrimonio natural e vinculado ao mar, así como os oficios mariñeiros/pesqueiros e a calidade dos produtos do territorio.
- Estabrecer colaboracións co outras entidades do territorio para o desenvolvemento das experiencias turísticas vinculadas ao mar.
Dotación ao territorio dun servizo de experiencias que poña en valor o medioambiente, o patrimonio ligado ao mar e os séus oficios, así como calidade dos produtos pesqueiros.
Incremento do coñecemento da poboación local e non local das singularidades do territorio no ámbitos descritos no punto anterior.
Fortalecemento da cadea de valor do sector turístico do territorio buscando a desestacionalización e o incremento dos días de estancia dos turistas.
A actividade principal do proxecto céntrase no aluguer dunha embarcación a motor con fins turísticos. O proxecto pretende ofrecer un servizo durante todo o ano a bordo dunha embarcación que completará experiencias de contido mariñeiro ou pescador que promova o recoñecemento dos oficios do mar, a valorización dos recursos ambientalis, a conservación do medio natural e do patrimonio ligado ao mar e á calidade diferencial de produtos pesqueiros e marisqueiros do territorio do Golfo Ártabro Sur, afondando durante as experiencias nas historias, as costumes e tradicións de cada lugar, configurándose cada un deles como único e singular para os visitantes.
Obxectivo estratéxico 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cada novas actividades económicas, entre as que se ofrece o crecemento azul dos sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento de emprego.
Obxectivo específico 2.1: Identificar ao fin do período, ao Golfo Ártabro Sur como un destino turístico de referencia a nivel ambiental, paisaxístivo e mariñeiro, dentro do xeodestino Rías Altas.
Liña de actuación 2.1.1: Desenvolvemento dun producto turístico diferenciado e competitivo.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)