Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

AzulBock Concretho, fabricación de bloques de formigón reciclado con residuos de cuncha de molusco

A empresa impulsará unha nova liña de negocio baseada na fabricación de bloques prefabricados de formigón mediante o uso de árido reciclado procedente de conchas de bivalvos (mexillón, vieira, entre outros). Esta iniciativa integra os sectores da construción e o pesqueiro, promovendo a valorización dun residuo mariño a través dun modelo de economía circular.

O proxecto aposta pola sustentabilidade ambiental, reducindo a pegada de carbono e contribuíndo á mitigación do cambio climático, ao mesmo tempo que responde á demanda do mercado por solucións máis eficientes, industrializadas e con menor dependencia de persoal altamente cualificado. A proposta contempla a adquisición dun sistema de encofrado metálico e equipamentos asociados para a produción de bloques modulares, reutilizables e seguros, con múltiples aplicacións no ámbito da construción.

Ademais, prevese a creación dun novo posto de traballo e o desenvolvemento de accións de divulgación para dar a coñecer esta nova liña de produto, tanto a nivel técnico como ambiental, posicionando á empresa como un axente innovador e comprometido coa sostibilidade.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Construcciones M. A. Ramos SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedad limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
11/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro Sur

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
65.193,60
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
65.193,60
Total axuda pública aprobada (€): 
32.596,80
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
22.817,76
FEMP (%): 
70
CA (€): 
9.779,04
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Diversificar e fortalecer a actividade empresarial mediante unha nova liña de produto sostible.

  • Reutilizar residuos de cuncha mariña para fabricar bloques de formigón reciclado, fomentando a economía circular.

  • Reducir a pegada de carbono e contribuír á mitigación do cambio climático.

  • Promover a mecanización e eficiencia no proceso produtivo e constructivo.

  • Facilitar a creación de emprego en perfís con menor cualificación técnica.

  • Sensibilizar sobre a problemática ambiental dos residuos de cuncha e o seu potencial de valorización

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Aumento das vendas nun 5% a partir do terceiro ano grazas á nova liña de produto.

  • Creación dun novo posto de traballo orientado a persoas desempregadas menores de 40 anos.

  • Uso sostible de residuos mariños como materia prima, reducindo a presión ambiental sobre o medio mariño.

  • Implantación dun proceso produtivo máis eficiente, seguro e replicable.

  • Consolidación da empresa como referente na innovación sostible dentro do sector da construción.

Principais actividades do proxecto: 

Durante a anualidade 2025, levarase a cabo a inversión nun sistema de encofrados metálicos e nos accesorios necesarios para a fabricación e manipulación dos bloques prefabricados de formigón. Estes accesorios, fornecidos polo mesmo provedor, permitirán optimizar o movemento e almacenamento dos bloques tanto nas instalacións da empresa como nos lugares de obra.

Previamente, realizaranse probas de formigonado con diferentes porcentaxes de árido reciclado, co obxectivo de determinar a mellor composición para garantir a resistencia, durabilidade e calidade dos bloques. Para estas probas e o proceso inicial de produción, empregaranse medios propios como carretilla elevadora, camión grúa, formigonera e vibradores. No caso de ser necesario, recorrerase tamén ao alugueiro de medios auxiliares para o desprazamento ou a execución de medicións en obra.

O formigón será subministrado por un provedor externo, mentres que o árido reciclado será achegado pola empresa galega Abonomar, autorizada como planta de transformación de residuos mariños pola Xunta de Galicia. Esta empresa é pioneira en Galicia na reciclaxe de conchas de bivalvos, que transforma en árido de distintos gramaxes apto para a fabricación de formigón.

A produción terá lugar nas instalacións da empresa. O árido engadirase á tolva do camión formigonera antes do vertido da mestura nos moldes. Unha vez desmoldados, os bloques serán apilados e almacenados ata o seu subministro ou uso en obra. Estímase unha produción semanal progresiva, dirixida tanto á venda directa como á execución de proxectos integrais, como a construción de muros.

Entre as principais aplicacións dos bloques destacan os muros de contención, divisións de naves ou parcelas, cerramentos de garaxes, losas para depósitos ou elementos sinalizadores, e outras estruturas tanto temporais como permanentes.

Como parte do proxecto, crearase un novo posto de traballo para reforzar esta liña produtiva. Procurarase un perfil de menos de 40 anos en situación de desemprego, ao que se lle proporcionará formación en prevención de riscos e na operativa do proceso produtivo.

Por último, desenvolverase unha campaña de difusión para dar visibilidade á iniciativa. Esta incluirá o deseño de folletos, publicacións en redes sociais e aparicións en medios especializados como o monográfico anual sobre construción de La Voz de Galicia, dirixidas tanto a público minorista como a distribuidores e clientes do sector.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos productos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos productos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)