Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Catamarán eléctrico para actividades deportivas e medioambientais

O proxecto impulsado polo Club de Remo Olímpico do Mandeo ten como finalidade a adquisición dunha embarcación tipo catamarán con motor eléctrico e capacidade para catro persoas, adaptada especificamente á práctica do remo olímpico no río Mandeo. Esta embarcación busca mellorar a seguridade dos deportistas durante os adestramentos e actividades do club, minimizar o impacto ambiental das operacións sobre o ecosistema fluvial e avanzar cara á sostibilidade mediante a redución das emisións de CO₂.

A nova embarcación substituirá á actual zodiac con motor térmico, que xera ondas que afectan negativamente á estabilidade das embarcacións de remo, emite ruído prexudicial para a fauna do río e contribúe ás emisións contaminantes. A incorporación dun motor eléctrico permitirá unha navegación máis silenciosa e respectuosa co medio, ademais de mellorar a comunicación e seguridade cos deportistas durante a práctica.

Adicionalmente, o catamarán será unha ferramenta clave para a participación do club noutras iniciativas ambientais, como as xornadas de recollida de lixo organizadas por entidades do GALP Golfo Ártabro Sur, e estará dispoñible para o uso doutras asociacións da zona.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Club de remo olímpico do Mandeo
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Asociación sen ánimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
13/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro Sur

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
41.973,84
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
41.870,94
Total axuda pública aprobada (€): 
41.870,94
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
29.309,66
FEMP (%): 
70
CA (€): 
12.561,28
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Mellorar a seguridade durante os adestramentos e competicións de remo.

  • Reducir a xeración de ondas e o ruído asociados ás embarcacións de apoio.

  • Fomentar o uso de enerxías limpas no ámbito deportivo e asociativo.

  • Diminuír o impacto ambiental da actividade deportiva no río Mandeo.

  • Concienciar aos deportistas, especialmente aos máis novos, sobre o cambio climático e a protección ambiental.

  • Apoiar a inclusión e a igualdade mediante a participación activa de persoas con diversidade funcional.

  • Promover hábitos de vida saudable a través da práctica deportiva accesible.

  • Impulsar a colaboración con outras entidades en accións medioambientais e deportivas.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Dispoñibilidade dunha embarcación segura, sostible e eficiente para acompañar aos remeiros.

  • Redución do impacto acústico e físico sobre a fauna e a contorna natural do río.

  • Disminución das emisións contaminantes asociadas á actividade do club.

  • Maior sensibilización da comunidade deportiva e educativa en temas ambientais e de inclusión social.

  • Aumento da participación en iniciativas ambientais e de cooperación con outras asociacións locais.

  • Promoción do uso de tecnoloxías limpas no contexto deportivo do Golfo Ártabro Sur.

  • Mellora da calidade e seguridade na organización de regatas e eventos náuticos.

Principais actividades do proxecto: 
  • Adquisición dunha embarcación tipo catamarán con motor eléctrico e capacidade para catro persoas.

  • Posta en funcionamento da embarcación durante os adestramentos, cursos e regatas organizadas polo club.

  • Utilización da embarcación en actividades ambientais como as Eco-Regatas e xornadas de limpeza fluvial.

  • Cesión da embarcación a outras entidades do GALP para accións e eventos no medio acuático.

  • Difusión do proxecto como exemplo de boas prácticas en sostibilidade e eficiencia enerxética no deporte.

  • Rexistro de datos sobre o uso da embarcación e o seu impacto ambiental, para futuras melloras e réplicas do modelo.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 2: Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 2.1: Reducir o impacto das actividades relacionadas co mar e promover iniciativas de economía circular, economía azul, benestar social e seguridade laboral. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)