O proxecto consiste na adquisición dun vehículo destinado ao transporte dos produtos comercializados pola empresa, co obxectivo de mellorar a distribución e garantizar que as mercadoría cheguen aos clientes en condicións óptimas de conservación e calidade.
A incorporación deste novo vehículo permitirá optimizar a loxística, reducir os tempos de traslado e ampliar as canles de comercialización, facilitando o acceso a novos clientes e reforzando especialmente a rede de proximidade. Asimesmo, contribuirá a mellorar a relación directa entre a empresa e súa clientela, fortalecendo a comercialización dos produtos.
O vehículo contará con tecnología máis eficiente e menor consumo, o que permitirá reducir as emisións de CO₂ e avanzar hacia un modelo de transporte máis sostible dentro da cadea de valor do sector pesqueiro. En persoal e consolidad o volume de negocio mediante un servizo de distribución máis eficiente e respetuoso co medio ambiemte.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como obxectivo ampliar o negocio mediante a ampliación das canles de comercialización e da rede de clientes de proximidade. A adquisición dun novo vehículo permitirá garantir a distribución das mercadorías comercializadas pola empresa en condicións óptimas de conservación e calidade organoléptica, reducindo ao mínimo os tempos de traslado. Así mesmo, preténdese mellorar a eficiencia loxística e a capacidade operativa da empresa, aumentar a súa competitividade e ampliar o mercado, dando a coñecer os seus produtos en calquera parte da xeografía nas condicións óptimas. A actuación tamén busca reducir as emisións de CO₂ mediante a adquisición dun vehículo Eco, máis eficiente e con menor consumo, contribuíndo á loita contra o cambio climático.
Coa adquisición do novo vehículo espérase mellorar a capacidade de comercialización e distribución dos produtos, ampliando as canles de comercialización e chegando a un maior número de clientes, especialmente dentro da rede de clientes de proximidade. Tamén se prevé unha mellora das condicións de conservación e calidade dos produtos durante o seu transporte, así como unha redución das emisións de CO₂ e das emisións de carbono asociadas ao transporte no sector e na cadea vertical da pesca. O proxecto permitirá ademais establecer unha relación máis directa entre os comerciais da empresa e os seus clientes e mellorar as condicións de traballo dos empregados.
A actuación contempla a adquisición dun vehículo Eco destinado ao transporte das mercadorías comercializadas pola empresa. O vehículo permitirá realizar a distribución dos produtos reducindo os tempos de traslado e mantendo unhas condicións óptimas de conservación e calidade organoléptica. A súa maior capacidade, menor consumo e maior eficiencia permitirán mellorar a operativa loxística da empresa e ampliar as súas canles de comercialización e a súa rede de clientes de proximidade. Así mesmo, o vehículo utilizarase para reforzar a relación directa dos comerciais cos clientes e favorecer a comercialización dos produtos en diferentes zonas xeográficas.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

