Este proxecto ten como finalidade garantir o mantemento, conservación e limpeza integral das praias, calas e accesos do Concello de Oleiros durante todo o ano, mediante accións manuais e mecánicas que aseguren unhas condicións óptimas de hixiene, seguridade e sostibilidade. A actuación abrangue praias tan emblemáticas como Santa Cristina, Bastiagueiro, Santa Cruz, Mera ou Espiñeiro, así como calas de especial valor paisaxístico como Atalaia ou Margaridas.
A limpeza mecánica realizarase a través dun tractor equipado cunha máquina limpiapraias con sistema de cribrado, alisado e aireado da area, que permitirá a retirada de residuos soterrados sen prexudicar o equilibrio ecolóxico da praia. Complementariamente, realizarase unha recollida manual de refugallos superficiais como plásticos, papeis ou restos orgánicos xerados polo uso humano.
Ademais, realizarase a retirada de algas, residuos mariños e desperdicios mediante pala frontal, e limparanse elementos urbanos como plataformas de duchas. Todos os residuos xerados serán trasladados a vertedoiros autorizados.
Este servizo prestarase de forma continua, incluíndo días laborais, fins de semana e festivos, cun equipo humano comprometido, formado e adherido a protocolos de igualdade e prevención do acoso.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Garantir a limpeza, salubridade e bo estado das praias e calas do Concello de Oleiros durante todo o ano.
-
Preservar o equilibrio ecolóxico do litoral, retirando residuos sen afectar a flora e fauna autóctona.
-
Manter a area cribada e libre de residuos perigosos, microorganismos infecciosos e elementos punzantes.
-
Promover un uso responsable e sostible das praias, reducindo o impacto ambiental do turismo estacional.
-
Mellorar a imaxe turística e a capacidade de atracción do municipio como destino sostible e de calidade.
-
Ofrecer condicións laborais seguras e igualitarias ao equipo técnico implicado.
-
Praias e calas limpas, accesibles e en condicións óptimas para o goce dos usuarios durante todo o ano.
-
Redución do impacto ambiental e mellora da calidade do areal grazas ao uso de maquinaria eficiente, sen emisións de CO₂.
-
Eliminación efectiva de residuos orgánicos e inorgánicos, favorecendo tamén a rexeneración de bancos marisqueiros.
-
Concienciación cidadá sobre a importancia de conservar os espazos naturais costeiros.
-
Posicionamento do Concello de Oleiros como referente en mantemento ambiental e sostible do litoral.
-
Posible expansión do servizo a outros municipios tras os resultados acadados neste contrato.
-
Incremento da actividade turística e dos sectores asociados (hostalaría, comercio, servizos).
-
Cribado mecánico da area mediante tractor e máquina limpiapraias, para eliminar refugallos soterrados, airear o substrato e alisar a superficie.
-
Recollida manual diaria de residuos deixados polos usuarios nas praias.
-
Retirada de algas e lixo mariño con pala frontal.
-
Transporte e xestión de residuos en vertedoiros autorizados.
-
Limpeza e mantemento de zonas comúns como duchas e accesos ás praias.
-
Intervención periódica nas calas mediante operarios, en días alternos, para garantir o seu mantemento.
-
Aplicación de protocolos laborais de igualdade, diversidade e seguridade no traballo.
-
Coordinación dun equipo técnico especializado e comprometido coa protección ambiental.
-
Rexistro e control dos residuos retirados, para análise posterior de impacto e mellora do servizo.
Obxectivo estratéxico 3: Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
Obxectivo específico 3.1: Conseguir un sector pesqueiro máis resiliente, a través de prácticas profesionais sostibles.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

