Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora ambiental, mellora loxística e condicións laborais e valor engadido do producto

DISFRIOGA, S.L., empresa con máis de 25 anos de experiencia no procesado, envasado e distribución maiorista de produtos do mar conxelados, impulsa un ambicioso proxecto de modernización loxística co obxectivo de mellorar a eficiencia operativa, reforzar a seguridade alimentaria e avanzar cara a un modelo empresarial máis sostible e respectuoso co medio ambiente.

A actuación céntrase na renovación e optimización da flota e medios loxísticos a través da adquisición de tres camións isotérmicos de última xeración, equipados cun sistema Dual Fuel GLP (etiqueta ECO), un vehículo de menor tamaño para repartos urbanos, así como dunha carretilla elevadora e varias transpaletas para facilitar e mellorar a operativa diaria.

Esta nova flota permitirá reducir significativamente a pegada de carbono da empresa, grazas ao uso de combustibles máis limpos e sistemas de refrixeración baseados en gases ecolóxicos como o R452A. Ademais, as carrocerías con tecnoloxía de illamento avanzada asegurarán o mantemento da cadea de frío, garantindo a calidade e frescura dos produtos pesqueiros en todo o proceso de distribución.

O proxecto tamén contempla melloras nas condicións laborais dos traballadores, reducindo os riscos asociados á carga e descarga de mercadoría mediante a incorporación de ferramentas ergonómicas e seguras, como carretillas e transpaletas. Isto redundará nunha operativa máis eficiente e segura, favorecendo a conciliación e o benestar do persoal.

Esta iniciativa supón un salto cualitativo na modernización da empresa, cun claro compromiso pola innovación, a sustentabilidade e a excelencia operativa. Ademais, o proxecto contribuirá á dinamización da economía local, asegurando a continuidade e o crecemento do emprego, e poderá servir como exemplo para outras empresas do sector, impulsando a adopción de boas prácticas ambientais e tecnolóxicas.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Disfriogal SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedade limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
11/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro Sur

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
273.800,10
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
273.800,10
Total axuda pública aprobada (€): 
136.900,05
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
95.830,04
FEMP (%): 
70
CA (€): 
41.070,01
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
21
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
0
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Modernizar o sistema de comercialización e loxística dos produtos pesqueiros conxelados.

  • Mellorar a eficiencia enerxética e reducir a pegada de carbono da empresa.

  • Garantir a cadea de frío e reforzar a seguridade alimentaria.

  • Mellorar as condicións laborais e a ergonomía dos traballadores.

  • Incrementar o valor engadido do produto e a confianza dos consumidores.

  • Fomentar a igualdade de oportunidades e a conciliación no equipo humano.

  • Actuar como proxecto tractor para o sector, promovendo boas prácticas sostibles.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Redución significativa das emisións de CO₂ no transporte de produtos pesqueiros.

  • Mantemento da calidade e frescura dos produtos grazas a unha cadea de frío eficiente.

  • Maior capacidade loxística e ampliación da área de distribución.

  • Optimización dos tempos de carga e descarga e mellora da seguridade laboral.

  • Maior rendibilidade do produto mediante unha mellor conservación e presentación.

  • Estímulo ao relevo xeracional e consolidación do emprego no sector.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto contempla unha serie de actuacións integradas orientadas á mellora da loxística, a eficiencia enerxética e a seguridade na cadea de frío dos produtos pesqueiros. En primeiro lugar, levarase a cabo a adquisición de tres camións isotérmicos ecolóxicos, equipados cun sistema de propulsión Dual Fuel GLP e tecnoloxía de refrixeración con gas R452A, que garantirá un transporte sostible e a conservación óptima dos alimentos. Estes vehículos permitirán reducir as emisións contaminantes e mellorar a eficiencia operativa nos desprazamentos de longa e media distancia.

Paralelamente, incorporarase un vehículo adicional de menor tamaño, ideal para operacións de reparto urbano, que facilitará unha distribución máis flexible e áxil en zonas de difícil acceso, reducindo os tempos de entrega e aumentando a capacidade de resposta ante a demanda dos clientes.

Co obxectivo de mellorar a operativa interna e a seguridade laboral, adquirirase tamén unha carretilla elevadora e varias transpaletas que facilitarán as tarefas de carga e descarga, reducindo o esforzo físico dos operarios e optimizando os tempos de traballo. Estas ferramentas contribuirán á ergonomía, á prevención de riscos laborais e á eficiencia dos fluxos loxísticos dentro das instalacións da empresa.

En conxunto, estas actuacións están deseñadas para mellorar significativamente a xestión da distribución, fortalecer a cadea de frío, reducir a pegada ambiental da actividade comercializadora e reforzar o compromiso de DISFRIOGA cun modelo de negocio innovador, sostible e socialmente responsable.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos productos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade productiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.1: Consolidar ao final do periodo de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)