Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora do sistema de posicionamento das embarcacións de pesca nos carros de varada

O proxecto consiste na mellora estrutural dun dos carros de varada do varadoiro do porto de Lorbé, concretamente o de maior tamaño, co obxectivo de incrementar a seguridade, eficiencia e sustentabilidade nas operacións de varada e mantemento das embarcacións pesqueiras. Actualmente, o centrado dos barcos realízase de forma manual con axuda dunha embarcación auxiliar, o que implica riscos laborais e unha alta penosidade.

A actuación contempla a instalación dun sistema hidráulico composto por catro cilindros e os seus correspondentes actuadores, que permitirá centrar e estabilizar as embarcacións de ata 200 toneladas de maneira automatizada e segura. O control realizarase mediante mando a distancia ou botoeira, e o sistema estará alimentado por un grupo hidráulico eléctrico, eliminando a necesidade de motores térmicos.

Complementariamente, o proxecto inclúe accións de divulgación e sensibilización en colaboración coa Confraría de Pescadores de Lorbé, para poñer en valor a pesca costeira, os produtos locais, o papel da muller no sector do mar e as técnicas tradicionais da carpintería de ribeira.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Varadero y carpintería de Lorbé SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedade limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
-
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
58.709,20
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
58.709,20
Total axuda pública aprobada (€): 
29.354,60
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
20.548,22
FEMP (%): 
70
CA (€): 
8.806,38
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
0
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Os principais obxectivos do proxecto son: 

  • Incrementar a seguridade nas operacións de varada e mantemento de embarcacións pesqueiras.
  • Reducir os riscos laborais e a penosidade dos traballos manuais actuais.
  • Eliminar o uso de embarcación auxiliar, diminuíndo a pegada de carbono.
  • Aumentar a eficiencia e reducir o tempo de varada e botadura.
  • Mellorar a estabilidade das embarcacións durante os traballos en seco.
  • Favorecer o relevo xeracional e a incorporación de mulleres ao sector.
  • Promover o coñecemento e valorización dos oficios tradicionais (carpintería de ribeira).
  • Difundir a cultura mariñeira local e poñer en valor os produtos da pesca sustentable.
  • Manter e potencialmente crear postos de traballo vinculados ao varadoiro.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os principais resultados do proxecto son os seguintes: 

  • Redución significativa do risco de accidentes laborais no varadoiro.
  • Aumento da seguridade nas operacións de mantemento a bordo e en terra.
  • Diminuír a pegada de carbono ao contar cun punto de mantemento próximo á base pesqueira.
  • Redución do tempo e esforzo nas operacións de varada e botadura.
  • Modernización dunha infraestrutura crítica para a frota local.
  • Consolidación dun posto de traballo adicional.
  • Promoción do relevo xeracional e da incorporación de mulleres á actividade profesional.
  • Poñer en valor o patrimonio marítimo e as técnicas tradicionais.
  • Mellora da percepción pública da pesca costeira e dos produtos do mar da zona de Lorbé.
Principais actividades do proxecto: 

As principais actividades son as seguintes: 

  • Instalación dun sistema hidráulico con catro cilindros e actuadores para o centrado automático das embarcacións.
  • Conexión do sistema ao subministro eléctrico mediante grupo hidráulico con dúas bombas e arrollador de cable.
  • Implementación de control mediante mando a distancia e botoeira.
  • Accións divulgativas en colaboración coa Confraría de Lorbé:
    • Difusión nas redes sociais das varadas máis representativas.
    • Exposición permanente de ferramentas e plantillas da carpintería de ribeira.
    • Actividades de promoción dos produtos locais (centola, mexillón) e da pesca costeira.
    • Visibilización do papel das mulleres no sector: mariscadoras, redeiras, etc.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 2: 

Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Osxectivo específico 2.1: 
Reducir o impacto das actividades relacionadas co mar e promover iniciativas de economía circular, economía azul, benestar social e seguridade litoral.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)