Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mercados coruñeses

O proxecto consiste no desenvolvemento e implementación de servizos de turismo mariñeiro como método de promoción e posta en valor dos produtos pesqueiros capturados pola flota de A Coruña. Esta gran cidade que naceu vinculada ao mar, sen embargo o desenvolvemento doutros sectores e distintos tipos de actividades xunto coa forma de vida actual, fixeron que a poboación viva de costas a el. Dar a coñecer de novo ao público, tanto a nenos como a maiores, a importancia que o sector pesqueiro tivo e ten para A Coruña e como o seu produto é unha fonte de esencia pesqueira da cidade. 

Realizaranse as seguintes actividades: 

- Selección dos mercados municipais onde se realizarán as actividades. 

- Definición e deseño de itinerarios turísticos mariñeiros para público xeral e público infantil. 

- Instalación dun sistema de conservación dos recursos pesqueiros 

- Deseño e preparación do material promocional 

- Definición dun plan de comunicación.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de A Coruña
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a proxectos ao amparo da EDLP do GALP na convocatoria 2024.
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
22/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
2024-2025
Data fin de execución: 
30/09/2024
Ámbito de aplicación: 

Concello de A Coruña

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
200.000,01 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
200.000,01 €
Total axuda pública aprobada (€): 
200.000,00 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
140.000,00 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
60.000,00 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo principal do proxecto é a posta en valor do sector pesqueiro e a mellora da comercialización dos seus productos a través da promoción dos beneficios do consumo de productos pesqueiros frescos entre toda a cidadanía. 

Entre outros obxectivos estarían: 

- Incentivar o consumo de peixe entre a cidadanía e os visitantes do Concello de A Coruña

- Incrementar as ventas dos postos de peixe nos mercados seleccionados. 

- Aumentar o número de clientes e a frecuencia de compra de peixe nos mercados seleccionados. 

- Dinamizar os mercados municipais en xeral. 

- Realizar actividades de turismo mariñeiro estandarizando as visitas turísticas guiadas a puntos de interese relacionados co sector pesqueiro do Concello de A Coruña 

- Dar a coñecer os mercados municipais e os productos frescos e de calidade que se ofertan neles, concretamente, as características das diferentes especies de peixes que se pescan na costa de A Coruña 

- Promocionar a visita aos mercados municipais como punto de interese turístico dentro do Concello de A Coruña 

- Crear sinerxias entre o sector pesqueiro e a industria turística da comarca de A Coruña

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os resultados previstos son os seguintes: 

- Aumento da promoción do consumo de productos do mar á poboación en xeral, a través da dinamización dos mercados municipais, dando a coñecer os productos frescos e de calidade que se ofertan neles, concretamente, as características das diferentes especies de peixes que se pescan na costa de A Coruña.

- Inclusión dos mercados municipais e a lonxa como puntos de interese turístico no Concello de A Coruña a través da oferta de actividades mariñeiras atractivas e interesantes. 

- Incremento de consumo de producto pesqueiro fresco, próximo e saudable, neste sentido agárdase incentivar o consumo de peixe entre a cidadanía en xeral e entre os visitantes puntuais do Concello de A Coruña, peros sobre todo, entre os rapaces e rapazas. É de agardar un incremento das ventas dos postos de peixe dos mercados municipais, aumentando o número de clientes e a frecuencia de compra de peixe nos mercados seleccionados. 

Considérase un resultado relevante do impacto destes itinerarios, a execución dun mínimo de alomenos 9 itinerarios ao londo de todo o proxecto. 

Principais actividades do proxecto: 

As actividades son as seguintes: 

- Selección dos mercados municipais onde se realizarán as actividades. 

- Definición e deseño de itinerarios turísticos mariñeiros para público xeral e público infantil. 

- Instalación dun sistema de conservación dos recursos pesqueiros 

- Deseño e preparación do material promocional 

- Definición dun plan de comunicación.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos productos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e actividade productiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.1. Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos productos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras. 

 

Actuación 1.1.1. Incrementar o valor engadido dos productos do mar na maneira diferencial e sostible, valorizando procesos, trazabilidade, consumo responsable e mellora das instalacións e condicións de traballo. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)