O proxecto de DISFRIOGA, S.L. céntrase na modernización integral dos sistemas de conservación, manipulación e xestión de produtos da pesca e acuicultura mediante a instalación dunha nova cámara frigorífica de alta eficiencia enerxética, deseñada con paneis de alto poder illante e sistemas avanzados de refrixeración e control. Ademais, complétase coa incorporación de vehículos isotermos de baixas emisións e equipos eléctricos de manutención, como apiladores e transpaletas, co obxectivo de optimizar os procesos internos, garantir a continuidade da cadea de frío e mellorar a trazabilidade e a seguridade alimentaria dos produtos.
Estas actuacións permitirán aumentar a calidade final dos produtos que chegan ao consumidor, mellorar a eficiencia enerxética e reducir o impacto ambiental da actividade, ao mesmo tempo que facilitan unha organización máis ordenada e segura, reducindo a carga física do persoal e mellorando as condicións de traballo. O proxecto contribúe tamén ao mantemento de emprego estable, ao reforzo da competitividade da empresa no mercado e ao fortalecemento do tecido produtivo local, xerando un efecto positivo sobre provedores e servizos sociados.
O conxunto de investimentos pretende ademais servir como exemplo de boas prácticas no sector, promovendo a modernización, a sustentabilidade e a valorización dos produtos da pesca e acuicultura, en liña cos obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP e cos principios do FEMPA.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como obxectivo reforzar a capacidade produtiva e mellorar a competitividade de DISFRIOGA, S.L. mediante a modernización dos seus sistemas de conservación, manipulación, comercialización e xestión de produtos da pesca e da acuicultura.
Para iso, contémplase a incorporación dunha nova cámara frigorífica de alta eficiencia enerxética, tres vehículos isotermos de baixas emisións e equipos eléctricos de manutención, concretamente un apilador e transpaletas. Estas investimentos permitirán mellorar a conservación e calidade dos produtos, reforzar a cadea de frío, a seguridade alimentaria e a trazabilidade, así como optimizar a organización interna e a eficiencia dos procesos.
Así mesmo, o proxecto pretende reducir o consumo enerxético e o impacto ambiental da actividade, mellorar as condicións de traballo mediante a redución da carga física e consolidar o mantemento de emprego estable. Tamén contribuirá á valorización dos produtos da pesca e da acuicultura e ao fortalecemento da cadea de valor e do tecido produtivo vinculado ao sector.
A execución do proxecto permitirá mellorar a capacidade operativa e a eficiencia dos procesos da empresa mediante a incorporación dunha nova cámara frigorífica, vehículos isotermos de baixas emisións e equipos eléctricos de manutención.
Espérase reforzar a cadea de frío, mellorar a seguridade alimentaria, a trazabilidade e a calidade dos produtos, incrementando o seu valor engadido. Así mesmo, as novas instalacións e equipamentos permitirán optimizar as condicións de almacenamento e conservación, mellorar a organización interna e reducir tempos e erros na manipulación de mercadorías.
O proxecto contribuirá tamén a reducir o consumo enerxético e o impacto ambiental da actividade, mediante a utilización de equipamentos máis eficientes e vehículos de baixas emisións. Do mesmo xeito, permitirá mellorar as condicións de traballo, reducindo a carga física e aumentando a seguridade e eficiencia nas tarefas de manipulación.
Finalmente, prevese contribuír ao mantemento dun emprego estable e de calidade, reforzar a competitividade da empresa e consolidar a súa actividade no territorio, así como favorecer un maior volume de actividade con provedores e servizos vinculados á contorna.
A actuación principal consiste na incorporación dunha nova cámara frigorífica de alta eficiencia enerxética, deseñada con paneis de alto poder illante e equipada con sistemas modernos de refrixeración e control. Esta instalación permitirá mellorar as condicións de almacenamento e conservación dos produtos da pesca e da acuicultura e reforzar a continuidade da cadea de frío.
De forma complementaria, incorporaranse tres vehículos isotermos con tecnoloxía eficiente e baixas emisións, destinados a mellorar os sistemas de comercialización e garantir a continuidade da cadea de frío durante a distribución dos produtos.
O proxecto contempla tamén a adquisición de equipamentos eléctricos de manutención, concretamente un apilador e transpaletas, para mellorar a organización e eficiencia dos procesos internos e facilitar as tarefas de manipulación de mercadorías, reducindo a carga física do persoal.
Así mesmo, desenvolveranse accións de difusión dos resultados do proxecto a través dos canles habituais de comunicación da empresa, co obxectivo de poñer en valor as melloras realizadas e favorecer a transferencia de boas prácticas.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.2. Promover prácticas sostibles, mellora das condicións laborais e redución da contaminación derivada da actividade pesqueira e acuícola.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

