O proxecto consiste na adquisición dunha balanza con etiquetadora integrada e sistema de transferencia automática de datos, co obxectivo de mellorar a comercialización dos produtos pesqueiros, marisqueiros e de acuicultura que se venden no posto do mercado de Elviña. A implementación deste equipamento permitirá ofrecer etiquetas co peso, tipo de produto e demais información útil para garantir a trazabilidade e a transparencia de cada venda, desde a orixe ata o consumidor final.
A través desta mellora, preténdese ofrecer unha información máis completa á clientela, reducir tempos de xestión, automatizar procesos como a facturación e facilitar a comunicación coa administración a través de internet. A iniciativa tamén contribúe á conciliación familiar e laboral da promotora ao eliminar tarefas duplicadas na xestión das vendas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Os principais obxectivos do proxecto son os seguintes:
-
Mellorar a información que se lle ofrece á clientela mediante etiquetado automático.
-
Axilizar a comercialización dos produtos do mar.
-
Diminuír os tempos de entrega e cobro.
-
Mellorar a trazabilidade dos produtos pesqueiros e de acuicultura.
-
Reforzar a percepción da calidade e frescura dos produtos por parte da clientela.
-
Facilitar a comunicación vía internet para facturación e xestión administrativa.
-
Manter o emprego da persoa promotora.
-
Favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.
Os principais resultados son os seguintes:
-
Información máis clara e detallada para as persoas consumidoras.
-
Redución de tempos no proceso de cobro e mellora da experiencia de compra.
-
Incremento da eficiencia na xestión de vendas.
-
Mellora da trazabilidade e calidade percibida dos produtos.
-
Automatización da comunicación de datos coas administracións.
-
Consolidación do emprego e redución de carga administrativa para a promotora.
As principais actividades son as seguintes:
Compra dunha balanza con etiquetadora integrada e sistema de conexión dixital para o envío automático de datos de vendas e facturación.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos productos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

