Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta Definitiva GALP Golfo Ártabro Sur

Data publicación 21/05/2025

Pasados os 10 días hábiles dende a publicación da proposta provisional da Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura -FEMPA- 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025, código do procedemento PE155A (DOG nº36 do 21 de febreiro de 2025), sen haber recibido alegacións, a proposta provisional pasa a ser definitiva.

O proxecto pendente de documentación PE155A-2025-00250, minórase en base a documentación presentada e a Xunta Directiva foi informada segundo os acordos 6 e 10 da Reunión Xunta Directiva anterior e actualízase nas proposta da resolución definitiva Xunta Directiva Partida Orzamentaria 780.

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións definitivas:

Certificado Xunta Directiva resolución Definitiva Convocatoria 2025

Anexo I. 760 Proposta Definitiva Xunta Directiva partida orzamentaria 760 Convocatoria 2025

Anexo I. 770 Proposta Definitiva Xunta Directiva partida orzamentaria 770 Convocatoria 2025

Anexo I. 780 Proposta Definitiva Xunta Directiva partida orzamentaria 780 Convocatoria 2025

Anexo II. Proposta Definitiva Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS Convocatoria 2025

Anexo III. Informes de valoración 760, 770 e 780. 

Anexo IV. Informe de valoración PE155A-2025-000250 actualizado en base a documentación presentada

Esta proposta definitiva non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP GOLFO ÁRTABRO SUR segundo o establecido no artigo 20.2 da Orde do 12 de febreiro de 2025.