Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Visita ao proxecto Amarre

O pasado día 1 de abril, representantes da Consellería do Mar visitaron o pantalán financiado á Confraría de pescadores de Vigo.

Por parte da Consellería do Mar acudiron a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez e a Delegada Territorial, Elena Suárez.

O tesoureiro Jose Luis Martínez Dasilva e a xerente do GALP Ría de Vigo - A Guarda, Elena Herbello, acompañaron ao Patrón Maior da Confraría "San Francisco" de Vigo, Iago Soto e á técnico María Muiños na visita ao proxecto "Amarre", no que se busca mellorar as instalacións do pantalán da mariña de Bouzas, especialmente pensando nas embarcacións de maior eslora. Para a confraría viguesa, a náutica deportiva é unha oportunidade excelente para obter unha fonte de ingresos extras coa que axudar a equilibrar as contas da entidade