
Dar ferramentas e coñecemento á cidadanía e ao sector productivo mariño para por en valor espazos da Ría de Vigo - A Guarda mediante actuacións de formación, divulgación e ciencia cidadá.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1. Formar ás persoas do sector marisqueiro e pesqueiro, nas especies máis comúns que se poden atopar nas rías galegas facendo especial fincapé nas especies protexidas, invasoras e neonativas. Tamén se pretende capacitar as persoas do sector para a diversificación cara actividades de turismo de natureza, fotográfico e da cultura mariñeira.
2. Divulgar ao público xeral os valores naturais e o patrimonio marítimo material e inmaterial das rías así como as actividades tradicionais que nelas se desenvolven (actividades acuícolas, pesqueiras, navegación...), dando visibilidade a estas actividades económicas e a súa compatibilidade coa conservacións dos hábitats alén das súas problemáticas e ameazas.
3. Recabar datos de forma científica para evidenciar os problemas que están a sufrir as rías galegas, capacitando ó sector e público en xeral no uso de aplicacións de ciencia cidadá colaborando con investigadores para unha mellor explotación do recurso e adaptación ás alteracións climáticas.
FORMACIÓN
- Fichas de identificación de especies mariñas
- Guía de especies invasoras mariñas
- Vídeos das presentacións
- Aumento do nº de usuarios das apps de ciencia cidadá (nº de novos rexistros de persoas do sector do mar)
DIVULGACIÓN
- Fichas interpretativas do roteiro
- Infografías do funcionamento dun banco marisqueiro
- Guía de boas prácticas para a reducción de residuos no sector pesqueiro
- Exposición das obras en Artelixo e presentación virtual das obras valorizadas nas RRSS
CIENCIA CIDADÁ
- Protocolo de inspección técnica
- Mellora da información da presenza de pradeiras mariñas no visor "observadores del mar do CSIC"
- Informe do estado de conservación do litoral en base ás inspeccións costeiras e presenza de anxiospermas.
- Saída en barco. Promover a diversificación do sector.
- Sesións teóricas biodiversidade e cambio climático. Promover actividades respetuosas co medio ambiente, reducción de capturas accidentais/descartes e mitigación do cambio climático.
- Obradoiro práctico de uso de apps de ciencia cidadá. Capacitar na dixitalización e para a recolla de información útil para a ciencia e para o sector.
- Roteiros interpretativos. Concienciar sobre patrimonio natural e cultural do litoral.
- Visita a un banco marisqueiro. Por en valor o sector e os recursos pesqueiros, concienciando da súas problemáticas e necesidades, visivilizar o traballo da muller e impulsar o relevo xeracional.
- Recollida e valorización de lixo mariño, redes e tarugos. Concienciar sobre o impacto do lixo e valorizalo.
- Inspección técnica. Custodiar o espazo mariño, fomentar a gobernanza e innovación,concienciar sobre o impactos da costa.
- Marcaxe de presenza de anxiospermas mariñas. Custodiar o espazo mariño, concienciar sobre a importancia das pradeiras mariñas como mitigadores do cambio climático, e beneficios para medio e os recursos pesqueiros, contribuir a un mellor coñecemento científico das especies.
- Informe do estado de conservación do litoral. Concienciar e fomentar medidas inovadoras para a custodia e protección do litoral.
OE3: Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo as operacións de mitigación do cambio climático.
3.2. Posta en valor do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

