Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Universidade Laboral de Culleredo visita o GALP Golfo Ártabro Sur

Estudantes da Universidade Laboral de Culleredo visitan o GALP Golfo Ártabro Sur para coñecer as axudas das que poden ser beneficiarios

 O venres 24 de novembro, estudantes da Universidade Laboral de Culleredo dos ciclos de: “Navegación e pesca de litoral”, “Mantemento e control de maquinaria en buques e embarcacións” e de “Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo”, visitaron as dependencias do GALP Golfo Ártabro Sur onde se lles informou das axudas das que poden ser beneficiarios mediante os fondos FEMPA.

O interese dos estudantes foi notable, pois moitos descoñecían a cantidade de axudas que pode optar todo aquel que queira realizar a súa actividade no sector do mar.

Nesta anualidade visitaron os estudantes as instalacións, e o ano pasado foi o GALP quen visitou o centro, pois os lazos entre o GALP Golfo Ártabro Sur e a Universidade Laboral de Culleredo estanse a estreitar, para facer de forma asidua estas xuntanzas, que permiten aos estudantes coñecer as oportunidades que teñen no sector.  

Porque os estudantes de hoxe, son o futuro do sector, agradecemos a visita e como sempre as portas do GALP Golfo Ártabro Sur están abertas a todos aqueles que teñan unha idea vencellada ao mar, e queiran que se faga realidade.