Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Encontro anual do tecido asociativo do GALP

A asemblea xeral 2022 tivo lugar no Multiusos A Senra, en Bergondo

Responsables das 48 entidades que integran o tecido asociativo do GALP Golfo Ártabro Sur reunímonos na tarde do 13 de maio durante a nosa asemblea xeral anual. Por segundo ano, o encontro tivo lugar no Multiusos A Senra, de Bergondo.

Foi unha xuntanza moi produtiva na que, ademais de tratar e debater os asuntos da orde do día, os socios puideron achegar as súas impresións e opinións para contribuír ao fortalecemento da nosa estratexia de actuación.