Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Éxito de concorrencia na última convocatoria de axudas FEMP do GALP Golfo Ártabro Sur

Os oito proxectos presentados suporían un investimento duns 250.000 euros

O pasado luns 28 de febreiro finalizou o prazo para presentar proxectos á última convocatoria de axudas do GALP Golfo Ártabro Sur  con cargos ao remanente dos fondos do período 2014 – 2020, prorrogado ata 2022. Aínda que no caso do GALP Golf Ártabro Sur, con aproximadamente un 98% do crédito (3M€) consumido en anualidades anteriores, e o remanente non chega aos 65.000€ o éxito da convocatoria pode considerarse de éxito xa que a entidade recibiu un total de oito proxectos de promotores privados que suman unha inversión duns 250.000€. 

A convocatoria de axudas estaba aberta a particulares, empresas, entidades e asociacións interesadas en desenvolver proxectos e actividades vinculados ao mar. En concreto, o GALP ofrece liñas de financiamento para iniciativas relacionadas co medio ambiente, co turismo, co patrimonio cultural, co ámbito da cooperación e tamén coa posta en valor dos produtos do sector mar-pesca. 

Sete concellos
O territorio de actuación do GALP Golf Ártabro Sur son os concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. En total, preto de 100 quilómetros de litoral nunha zona cunha grande relevancia histórica desde a Antigüidade (Idade de Ferro) e que, ademais do seu mar, ten as rías da Coruña e de Betanzos como referentes da súa riqueza mariña.

Os catro portos pesqueiros da zona son os da Coruña, Sada, Lorbé e Mera e, de arredor deles, creouse un importante tecido asociativo e empresarial vinculado ao sector mar-pesca.