Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Instalación dunha cámara frigorífica para a valorización dos produtos pesqueiros

O proxecto consiste na adquisición,  instalación e posta en marcha dunha cámara frigorífica con capacidade de almacenaxe e refrixeración dos produtos pesqueiros recibidos na Lonxa de Sada. 

Esta cámara frigorífica permitirá ter dúas zonas diferenciadas, unha para conxelado e outra para estabilización de fresco. 

Ademais, para evitar xerar residuos que perxidiquen o medio ambiente, os restos do produto pesqueiro que non sirvan para o seu consumo como alimento destinado á poboación, conxelarase na cámara frigorífica para o posteiror uso como carnada e así favorecer ao crecemento da economía circular e tamén ao fomento da pesca artesanal. Isto consigue que aqueles usuarios da lonxa teñan máis opcións de comercialización dos seus produtos e aumentar o número de clientes para unha segunda vida dos mesmos, fomentando o crecemento da economía circular e o blue growth. 

Tamén cabe destacar que, se farán xornadas de patrimonio cultural marítimo-pesqueiro, pois debido á importancia patrimonial que posúe a rula existente nas instalacións da Lonxa de Sada, sendo a única do seu tipo en funcionamento en toda Galicia, a confraría busca dala a coñecer e poñer en valor o seu patrimonio. 

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2023-00022
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Cofradía de pescadores de Sada
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Cofradía de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a proxectos ao amparo da EDLP do GALP na convocatoria 2023.
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
15/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
11
Anualidades: 
2023-2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

Todo o Golfo Ártabro

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
85.689,77 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
85.689,77 €
Total axuda pública aprobada (€): 
85.689,77 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
59.982,84 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
25.706,93 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1,5
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo principal é estabilizar o peixe para obter un maior beneficio por parte das embarcacións de pesca costeira artesanal e usuarios/as da lonxa e poder dar un novo uso a aquel produto que ía a ser desbotado como refugallo para ser agora comercializado como carnada e ademáis poder estabilizar aqueles produtos de maior valor e introducilos no mercado para que a rendibilidade económica que repercuta directamente nos traballadores e fomentar a economía circular. 

Ademais, tamén se pretende acadar melloras técnicas coa instalación, que resultará na posibilidade de gardar os produtos do mar na cámara, e así reducir o uso de transporte para os produtos pesqueiros, favorecendo á causa medioambiental. 

Preténdese incentivar ás novas xeracións a coller o relevo deste sector, tendo en conta que a instalación suporá un elemento innovador dentro da Lonxa de Sada, o que permitirá simplificar máis as labores no sector e dar a coñecer e fomentar o patrimonio cultural marítimo pesqueiro. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Dentro dos resultados esperados pola confraría están: 

- Mellora da calidade do produto que se pon a disposición na lonxa de Sada

- Beneficiar non só á xente de Sada, senón que aporta un servicio que facilitará a labor de conserva e transporte do peixe demandado por barcos e empresas doutros concellos pero limítrofes xeograficamente. 

- Favorecer o crecemento da economía azul mediante a conversión de residuos en carnada. 

- Diminuir a pegada de carbono mediante a redución do uso de transportes para trasladar as mercancías

- Posta en valor e preservación das infraestructuras e equipamentos maritimo-pesqueiros existentes na lonxa de Sada. 

 

Principais actividades do proxecto: 

A actividade que se vai desenvolver é unha xornada para a posta en valor do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro que posúe a lonxa de Sada, pois na lonxa posúen o reloxo de poxa analóxico en funcionamento máis antigo de Galicia. 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Aumento de valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.1: Consolidar ao final do periodo de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)