Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Os concellos do GALP informados dos fondos FEMPA

O GALP Golfo Ártabro Sur está a traballar con cada un dos concellos do territorio para facilitar a posibilidade de solicitude de proxectos.

Os concellos do GALP Golfo Ártabro Sur son entidades dinamizadoras que proporcionan ao territorio novos servizos e actividades vencelladas moitas delas co mar.

O traballo conxunto das entidades locais co GALP está a permitir establecer as bases dos posibles proxectos financiados mediante os fondos FEMPA que acheguen aos cidadáns e visitantes ao mar, pero sempre dende unha práctica sostible e respectuosa co litoral.

O GALP Golfo Ártabro Sur espera conseguir que os proxectos subvencionados sexan tanto ou máis frutíferos que os subvencionados mediante os fondos FEMP no programa pasado.