Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Máis de 70 actores e actrices deron a coñecer nas rúas de Sada a historia mariñeira do municipio

·        O primeiro roteiro teatralizado celebrado no porto e nos núcleos mariñeiros de Sada, “Son do mar”, congregou arredor de 200 persoas.
·        O evento estivo organizado polo GALP Golfo Ártabro Sur.
 
Sada, 28 de outubro 2019.- Máis de 70 actores e actrices converteron as rúas do concello de Sada nun escenario. O roteiro teatralizado “Son do mar” chamou a atención de arredor de 300 persoas que se achegaron á primeira ruta de teatro no porto e nos núcleos mariñeiros do municipio. O evento, que tivo lugar onte, domingo 27 de outubro, foi organizado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur e contou coa participación de Alentía Teatro e a Confraría de Pescadores de Sada. O roteiro permitiu dar a coñecer a historia mariñeira de Sada.
A ruta contou con máis de 70 intérpretes procedentes de Sada e de toda Galicia, e un total de 12 escenas teatrais centradas nos anos 40 e 50. Ao longo do camiño narrouse o presente e o pasado das persoas maiores e o seu labor no mar. A Tenencia, a praia ou o paseo marítimo foron algúns dos escenarios do roteiro.
A actividade estivo protagonizada por persoas desde os 5 aos 90 anos. Homes e mulleres do mar, alumnado dos centros educativos de Sada e asociacións culturais do Concello déronlle vida a esta historia.