O proxecto consiste na subministración e instalación dun sistema de produción e almacenamento de xeo mediante un silo orbital de entre 2.000 e 2.500 kg/24h, acompañado dun fabricador de xeo en escama e o seu correspondente equipo frigorífico. Esta actuación ten como finalidade mellorar a eficiencia enerxética e operativa da Confraría de Pescadores de Lorbé no proceso de xeración, conservación e distribución de xeo.
Xunto con isto, instalarase un panelado interior móbil nos recintos frigoríficos mediante trasdosado con panel illante, co obxectivo de mellorar o illamento térmico, reducir o tempo de funcionamento dos equipos e evitar fugas de frío. Todo o sistema permitirá unha mellor conservación do xeo, ampliando a súa duración e dispoñibilidade, reducindo mermas e aforrando custos enerxéticos.
O proxecto optimizará a cadea de frío das actividades portuarias, beneficiando tanto aos membros da confraría como ao conxunto da comunidade profesional do porto de Lorbé, mellorando a competitividade, seguridade e eficiencia das operacións vinculadas á pesca e á comercialización de produtos do mar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Reducir o consumo enerxético asociado á xeración e conservación de xeo.
-
Mellorar a calidade e durabilidade do xeo almacenado.
-
Optimizar a eficiencia enerxética do sistema de produción de xeo.
-
Minimizar as perdas e refugallos derivadas da mala conservación ou do exceso de produción.
-
Garantir o mantemento da cadea de frío para os produtos pesqueiros.
-
Facilitar o acceso ao xeo a toda a comunidade portuaria de Lorbé e mellorar os servizos da Confraría.
-
Contribuír a unha mellor xestión ambiental e económica das instalacións portuarias.
-
Mellora da eficiencia enerxética global da Confraría na produción e conservación de xeo.
-
Redución do consumo eléctrico entre un 25 % e un 30 % respecto ao sistema actual.
-
Aumento da capacidade de produción e almacenamento de xeo en condicións óptimas.
-
Prolongación da vida útil do xeo e redución das perdas por deterioración.
-
Mellora dos servizos ofrecidos aos profesionais do porto, barcos e instalacións portuarias.
-
Aumento da seguridade alimentaria e das condicións hixiénicas no manexo do produto pesqueiro.
-
Beneficio directo para os membros da confraría e para outros profesionais que operan no porto de Lorbé.
-
Subministración e instalación dun fabricador industrial de xeo en escama cunha capacidade de produción de ata 2.500 kg diarios.
-
Instalación dun silo orbital de almacenamento de xeo adaptado ás necesidades do porto.
-
Montaxe do equipo frigorífico e do cadro de forza necesario para o funcionamento do sistema.
-
Implementación dun panelado móbil illante nos recintos frigoríficos para mellorar o rendemento térmico.
-
Adaptación das instalacións existentes para integrar o novo sistema.
-
Posta en marcha e probas de funcionamento do conxunto.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade productiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.2: Promover prácticas sostibles, mellora das condicións laborais e reducción da contaminación derivada da actividades pesqueira
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

