Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mercados Coruñeses II

O proxecto propón a creación dun programa de rutas mariñeiras e actividades divulgativas que conectan á cidadanía e visitantes coa realidade da pesca artesanal e o patrimonio mariñeiro da cidade da Coruña. As rutas terán como punto de partida a Lonxa da Coruña, onde as persoas participantes coñecerán de preto o funcionamento da poxa e o percorrido do peixe desde o mar ata os mercados municipais.

Cada ruta inclúe un percorrido a pé polos espazos patrimoniais e arquitectónicos máis emblemáticos da cidade, como A Mariña, os Xardíns de Méndez Núñez ou os mercados históricos de San Agustín, Elviña e Eusebio da Guarda. As visitas, guiadas por persoal especializado, poñen en valor a arquitectura modernista, o consumo responsable, a economía de proximidade e a importancia ambiental do litoral urbano.

No interior dos mercados, promoverase o contacto directo entre participantes e persoas vendedoras das peixarías, resaltando o papel clave do comercio local na cadea de valor do mar. As rutas rematarán cun almorzo degustación de produtos mariños, reforzando a conexión entre cultura, produto e territorio.

Como complemento, levarase a cabo unha exposición itinerante sobre “O papel da muller na actividade pesqueira da Coruña”, que se instalará nos mercados municipais. Esta mostra ten como obxectivo visibilizar o traballo histórico e actual de mulleres como mariscadoras, redeiras, conserveiras ou praceiras.

A proposta integra accións de sensibilización ambiental, posta en valor do patrimonio, dinamización turística e educativa, fomentando a economía azul, o emprendemento e o consumo de proximidade, cun enfoque transversal de igualdade e sostibilidade.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de A Coruña
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
-
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
28
Anualidades: 
2025-2026-2027
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Concello de A Coruña

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
64.251
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
64.251
Total axuda pública aprobada (€): 
64.251
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
44.975,70
FEMP (%): 
70
CA (€): 
19.275,30
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Poñer en valor a actividade pesqueira local e os oficios asociados, destacando o papel das mulleres no sector.

  • Fomentar o consumo de peixe e produtos de proximidade nos mercados municipais.

  • Promover a economía azul, circular e local.

  • Difundir o papel da Lonxa da Coruña na cadea de comercialización do peixe.

  • Potenciar o coñecemento do patrimonio cultural, arquitectónico e gastronómico vencellado ao mar.

  • Fomentar o emprendemento e a creación de emprego nos mercados municipais.

  • Sensibilizar sobre a sostibilidade, a conservación do medio mariño e o cambio climático.

  • Promover a inclusión e participación cidadá na cultura mariñeira local.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Incremento do consumo de peixe e produtos do mar de proximidade.

  • Aumento da afluencia aos mercados municipais e mellora da súa percepción como espazo vivo e útil.

  • Maior coñecemento social da actividade pesqueira e da súa importancia económica e ambiental.

  • Posicionamento da Coruña como referente un turismo mariñeiro e gastronómico.

  • Reforzo do vínculo entre a cidadanía e o mar como fonte de riqueza e saúde.

  • Sensibilización sobre a necesidade de conservar o ecosistema mariño.

  • Recoñecemento e visibilización do papel das mulleres no sector do mar.

  • Impulso á educación ambiental e ao consumo responsable.

Principais actividades do proxecto: 
  • Organización e execución de 4 rutas mariñeiras anuais (2026-2027) con percorrido desde a Lonxa ata os mercados municipais.

  • Realización dunha exposición itinerante nos mercados municipais sobre o papel da muller na actividade pesqueira coruñesa.

  • Charlas e visitas guiadas por persoal especializado nas rutas e mercados.

  • Elaboración e entrega de material promocional: folletos, delantais, mochilas, etc.

  • Deseño e instalación de cartelería promocional nas prazas para dar visibilidade ao proxecto.

  • Almorzos degustación con produtos do mar ao final das visitas.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.3: Conseguir un sector pesqueiro profesional, innovador e igualitario no conxunto do territorio, xerando oportunidades para colectivos estratéxicos dentro do sector pesqueiro, ou relacionados coas actividades pesqueiras. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)