O proxecto propón a creación dun programa de rutas mariñeiras e actividades divulgativas que conectan á cidadanía e visitantes coa realidade da pesca artesanal e o patrimonio mariñeiro da cidade da Coruña. As rutas terán como punto de partida a Lonxa da Coruña, onde as persoas participantes coñecerán de preto o funcionamento da poxa e o percorrido do peixe desde o mar ata os mercados municipais.
Cada ruta inclúe un percorrido a pé polos espazos patrimoniais e arquitectónicos máis emblemáticos da cidade, como A Mariña, os Xardíns de Méndez Núñez ou os mercados históricos de San Agustín, Elviña e Eusebio da Guarda. As visitas, guiadas por persoal especializado, poñen en valor a arquitectura modernista, o consumo responsable, a economía de proximidade e a importancia ambiental do litoral urbano.
No interior dos mercados, promoverase o contacto directo entre participantes e persoas vendedoras das peixarías, resaltando o papel clave do comercio local na cadea de valor do mar. As rutas rematarán cun almorzo degustación de produtos mariños, reforzando a conexión entre cultura, produto e territorio.
Como complemento, levarase a cabo unha exposición itinerante sobre “O papel da muller na actividade pesqueira da Coruña”, que se instalará nos mercados municipais. Esta mostra ten como obxectivo visibilizar o traballo histórico e actual de mulleres como mariscadoras, redeiras, conserveiras ou praceiras.
A proposta integra accións de sensibilización ambiental, posta en valor do patrimonio, dinamización turística e educativa, fomentando a economía azul, o emprendemento e o consumo de proximidade, cun enfoque transversal de igualdade e sostibilidade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Poñer en valor a actividade pesqueira local e os oficios asociados, destacando o papel das mulleres no sector.
-
Fomentar o consumo de peixe e produtos de proximidade nos mercados municipais.
-
Promover a economía azul, circular e local.
-
Difundir o papel da Lonxa da Coruña na cadea de comercialización do peixe.
-
Potenciar o coñecemento do patrimonio cultural, arquitectónico e gastronómico vencellado ao mar.
-
Fomentar o emprendemento e a creación de emprego nos mercados municipais.
-
Sensibilizar sobre a sostibilidade, a conservación do medio mariño e o cambio climático.
-
Promover a inclusión e participación cidadá na cultura mariñeira local.
-
Incremento do consumo de peixe e produtos do mar de proximidade.
-
Aumento da afluencia aos mercados municipais e mellora da súa percepción como espazo vivo e útil.
-
Maior coñecemento social da actividade pesqueira e da súa importancia económica e ambiental.
-
Posicionamento da Coruña como referente un turismo mariñeiro e gastronómico.
-
Reforzo do vínculo entre a cidadanía e o mar como fonte de riqueza e saúde.
-
Sensibilización sobre a necesidade de conservar o ecosistema mariño.
-
Recoñecemento e visibilización do papel das mulleres no sector do mar.
-
Impulso á educación ambiental e ao consumo responsable.
-
Organización e execución de 4 rutas mariñeiras anuais (2026-2027) con percorrido desde a Lonxa ata os mercados municipais.
-
Realización dunha exposición itinerante nos mercados municipais sobre o papel da muller na actividade pesqueira coruñesa.
-
Charlas e visitas guiadas por persoal especializado nas rutas e mercados.
-
Elaboración e entrega de material promocional: folletos, delantais, mochilas, etc.
-
Deseño e instalación de cartelería promocional nas prazas para dar visibilidade ao proxecto.
-
Almorzos degustación con produtos do mar ao final das visitas.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.
Obxectivo específico 1.3: Conseguir un sector pesqueiro profesional, innovador e igualitario no conxunto do territorio, xerando oportunidades para colectivos estratéxicos dentro do sector pesqueiro, ou relacionados coas actividades pesqueiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

