Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Modernización das Instalacións do circuito da cadea de frío da Lonxa da Coruña

O proxecto fundaméntase na modernización e mellora da eficiencia enerxética das instalacións do circuito de frío da Lonxa da Coruña. 

Consiste na instalación de novos, modernos e innovadores sistemas de tuberías de distribución de auga glicolada de refrixeración que da servizo a toda a lonxa e permite a conducción de frío a todos os compartimentos da lonxa en beneficio do sector pesqueiro no seu conxunto e de todos os profesionais que traballan co peixe e o marisco que se comercializa nestas instalacións. 

A solución plantexada permite a refrixeración aos aeroenfriadores de todas as salas de exposición de peixe da lonxa, inclúe o moderno aislamento "Armaflex AF" que proporciona un alto rendemento e unha alta eficiencia enerxética, ao tempo que dispón de protección microbiana que elimina o risco de contaminación microbiana dos productos que se venden en lonxa. 

Datos xerais
Acrónimo: 
Aislamento conducto frío
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Lonja de La Coruña S.A.
Datos de interese: 
A Lonja de La Coruña S.A. está situada no Porto de A Coruña, que é o segundo porto mais importante en descargas de pescado e marisco fresco de España por descargas e un dos máis importantes de Europa, formando parte dos motores económicos da cidade. Dentro das actividades que desenvolve, na actividade propia da súa índole, atópanse as subastas de peixe de todas as artes de pesca e marisqueo da zona. Na actualidade hay aproximadamente 34 casas de subastas ás que armadores e patróns depositan os seus peixes e mariscos.
Perfil empresarial: 
Lonja de La Coruña S,A. é un proxecto empresarial especialmente particular e representativo do sector pesqueiro na área do GALP Golfo Ártabro Sur e en Galicia en xeral. No seu accionariado están presentes, a partes iguais, as principais entidades asociativas e representativas do sector pesqueiro; o sector extractivo e o sector comercializador. Ademáis, hai outros axentes, empresas e traballadores que desenvolven as súas actividades dentro do sector da pesca en A Coruña e nas súas poboacións limítrofes.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP, aprobadas para os grupos de pesca no marco dos fondos FEMP
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
18/07/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

O proxecto realízase no Concello de A Coruña, pero pola importancia da súa lonxa, o impacto é moito maior, pois abraguería toda a área de influencia do Porto de A Coruña.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
291.019,42
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
227.161,92
Total axuda pública aprobada (€): 
113.580,96
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
96.543,82
FEMP (%): 
85
CA (€): 
17.037,14
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto fundaméntase na modernización e eficiencia enerxética das instalacións do circuito de frío da Lonxa da Coruña.

Consiste na instalación de novos, modernos e innovadores sistemas de tuberías de distribución de auga glicolada de refrixeración que da servizo a toda a lonxa e permite a conducción de frío a todos os compartimentos da lonxa en beneficio do sector pesqueiro no seu conxunto e de todos os profesionais que traballan co peixe e o marisco que se comercializa nestas instalacións. Ademais os novos conductos, tamén permiten a mellora enerxética da empresa, favorecendo en gran medida á conservación do peixe ó mantemento da calidade deste. 

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os resultados previstos son os seguintes: 

- Mellora a producción de frío para toda a lonxa

- Afecta directamente á conservación do peixe e o marisco que aquí se comercializa 

- Supón unha mellora na calidade do peixe evitando cambios de temperatura e mellora das condicións de conservación do peixe e marisco

- Inflúe e mellora as condicións de traballo de todos os prefesionais e as empresas que traballan a diario na Lonxa da Coruña

- Supón unha mellora da tecnoloxía das instalacións e con iso unha importante modernización para parte do sector pesqueiro. 

- Favorece a eficiencia enerxética das instalacións e disminue notablemente o consumo enerxético

- Aforro económico pola disminución de consumo enerxético

- Concienciación e divulgación da eficiencia enerxética que permitirá mellorar a concienciación do sector neste eido a través de charlas e actividades de formación no sector.

- Eliminación de riscos de fugas e reducción dos riscos laborais dos traballadores. 

 

 

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto consiste nas instalacións de novos e modernos sistemos de tuberías de distribución de auga glicolada de refrixeración que da servizo a toda a lonxa e permite a conducción de frío a todos os compartimentos da lonxa. Con isto permítese a refrixeración aos aeroenfriadores de todas as salas de exposición de peixe da lonxa, inclúe o moderno aislamento "Armaflex AF" que proporciona un alto rendemento e unha alta eficiecia enerxética, ao tempo que dispón de protección microbiana. 

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono. 

 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo Específico 3.2.: Contribuír á reducción da pegada do carbono

Liña de actuación 3.2.2.: Favorecer un modelo de desenvolvemento enerxético sostible. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)