O proxecto ten como finalidade a mellora na comercialización dos produtos pesqueiros, marisqueiros e de acuicultura que se venden no posto do mercado de Elviña. Para iso, proponse a adquisición dunha balanza con etiquetadora integrada e sistema de transmisión automática de datos, que permitirá emitir etiquetas con información detallada sobre o produto: peso, prezo, tipo de produto e outros datos de interese.
Esta mellora permitirá ofrecer á clientela información clara e fiable sobre o que merca, reforzando a trazabilidade, a transparencia e a calidade do servizo. Así mesmo, optimiza os procesos de venda, reduce tempos de xestión, facilita a comunicación coas administracións públicas e contribúe á conciliación laboral e familiar da promotora.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Os principais obxectivos do proxecto son:
-
Mellorar a información que se lle proporciona á clientela mediante un etiquetado automático dende a balanza.
-
Axilizar a comercialización dos produtos do mar.
-
Reducir os tempos de entrega e cobro á clientela.
-
Incrementar a trazabilidade dos produtos pesqueiros, marisqueiros e de acuicultura.
-
Reforzar a percepción de frescura e calidade por parte da clientela.
-
Facilitar a comunicación e transmisión de datos ás administracións vía internet.
-
Manter o emprego da persoa promotora.
-
Mellorar a conciliación da vida laboral e familiar, evitando a duplicidade de tarefas administrativas.
Os principais resultados son os seguintes:
-
Información clara e completa para o consumidor final.
-
Redución do tempo de cobro e mellora da experiencia de compra.
-
Aumento na eficiencia do proceso de venda e da xestión administrativa.
-
Mellora na trazabilidade e transparencia dos produtos.
-
Reforzo da fidelidade da clientela grazas a unha imaxe de calidade.
-
Consolidación do emprego da promotora.
-
Maior dixitalización e profesionalización do punto de venda.
As principais actividades son:
Compra dunha balanza con etiquetadora integrada e sistema de transferencia automática de datos, válida para facturación e xestión de vendas en tempo real.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos productos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

