Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Promoción e difusión nas escolas do GALP Golfo Ártabro Sur da cultura e tradición marítimo-pesqueira, promoción da sostibilidade e da alimentación saudable a través do teatro de títeres.

A actividade central será a representación dunha obra de títeres creada especificamente para o proxecto pola compañía Mircromina Teatro de Títeres, con sede en Mondoñedo. A través desta proposta escénica adaptada ao público infantil, os nenos e nenas terán a oportunidade de descubrir o mundo do mar e as súas tradicións, comprender a importancia da conservación do medio mariño e coñecer os beneficios de consumir produtos do mar de proximidade.

As funcións desenvolveranse nos propios centros educativos, en horario lectivo, permitindo que todo o alumnado participe sen necesidade de desprazarse. No total, están previstas 32 actuacións en centros escolares dos concellos de Arteixo, Culleredo, Cambre, Bergondo, Sada e Oleiros, cunha estimación de máis de 5.000 nenos e nenas como público directo.

O proxecto compleméntase con accións de difusión e sensibilización: deseño e envío de carteis aos centros, colocación dun roll-up institucional durante cada representación, difusión a través das redes sociais da compañía teatral e envío de notas de prensa a medios comarcais.

Esta proposta contribúe, ademais, á promoción de valores transversais como a igualdade de xénero, a diversidade e a inclusión, incorporando personaxes e situacións que rompen estereotipos e que fomentan o respecto ás diferenzas.

O circuito de títeres busca, en definitiva, que o alumnado non só goce dunha experiencia artística e educativa, senón que tamén interiorice a relevancia do medio mariño na súa contorna, adquirindo ferramentas para valoralo, coidalo e transmitilo no futuro.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Asociación cultural tanque de zinc
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Asociación sen ánimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
13/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Territorio GALP Golfo Ártabro Sur

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
27.500,00
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
27.000,00
Total axuda pública aprobada (€): 
21.600,00
% Subvención: 
80
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
15.120,00
FEMP (%): 
70
CA (€): 
6.480,00
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Promover a cultura mariñeira e pesqueira tradicional entre o alumnado dos centros educativos do territorio do GALP.

  • Fomentar o coidado e respecto polo medio ambiente, especialmente o mariño, a través dunha mensaxe accesible e educativa.

  • Concienciar sobre os beneficios dunha alimentación saudable baseada en produtos do mar.

  • Transmitir valores de igualdade, inclusión e diversidade de forma transversal.

  • Contribuír á transmisión interxeracional dos valores culturais ligados ao mar.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Achegar aos nenos e nenas o coñecemento do sector pesqueiro e da súa importancia económica, ambiental e cultural no territorio.

  • Visibilizar o valor dos recursos pesqueiros locais e a necesidade da súa xestión sostible.

  • Promover hábitos de vida saudables mediante o consumo de produtos do mar.

  • Reforzar a identidade local e o vínculo co mar como elemento vertebrador do territorio.

  • Contribuír á educación en valores como a igualdade de xénero, a diversidade e o respecto polas diferenzas.

Principais actividades do proxecto: 
  • Representacións da obra de títeres en 32 centros educativos dos concellos de Arteixo, Culleredo, Cambre, Bergondo, Sada e Oleiros, en horario lectivo.

  • Coordinación co profesorado e equipos directivos para organizar o calendario de actuacións.

  • Deseño e distribución de materiais de difusión: carteis, roll-up para as funcións, mencións en redes sociais e medios de comunicación comarcais.

  • Adaptación dos contidos para garantir a comprensión por parte do alumnado e a integración de valores educativos.

  • Realización de labores previas de comunicación con centros educativos e peche de datas para a execución do circuito teatral.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 4.1: Poñer en vlaor o benestar social, e o patrimonio cultural como elemento dinamizador da diversificación da zona costeira, contribuíndo ao reforzo da identidade territorial, á proxección internacional e a dinamización social e turística. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)