Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONVOCATORIA 2023

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada o día 1 de decembro de 2023, seleccionou definitivamente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023”
 
Esta proposta definitiva que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.
 
O solicitante do expediente pe155a-2023-00114 terá un prazo de 5 días para presentar alegacións dende a data da publicación 01/12/2023, que de non ser presentadas tomarase esta resolución como definitiva.
 

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Golfo Ártabro Sur. Tal como se reflicte no artigo 20.1 da Orde do 14 de setembro de 2023, da Consellería do Mar.

 

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE CONCESIÓN DE AXUDAS E DE DESESTIMACIÓN DE AXUDAS