Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Representantes da Consellería do Mar visitan varios proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur

O Concelleiro Alfonso Villares e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Susana Rodriguez, visitaron varios proxectos promovidos pola Cofradía de Pescadores de Sada e financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur

O pasado mes de outubro, recibimos en Sada a visita do Conselleiro Alfonso Villares e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Susana Rodriguez a varios proxectos promovidos pola Cofradía de Pescadores de Sada e financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur.

Neste día visitaron os seguintes tres proxectos: “Instalación de paneis solares na lonxa de Sada”, “Aforro enerxético e redución de impacto ambiental na lonxa de Sada e nave de redes a través da modernización de luminarias e equipos de máis de dez anos de vida útil” e “Instalación dun fabriquín de xeo para a mellora da capacidade”

Dende o GALP Golfo Ártabro Sur recíbese con alegría que foran os seus proxectos uns dos elixidos para realizar a visita e agradécese o interese que dende a Consellería do Mar se amosa por coñecer in situ cada un dos proxectos subvencionados mediante os fondos FEMP.

Espérase poder desfrutar novamente da súa presencia no noso territorio e poder amosar o traballo realizado dende o grupo, así como o esforzo que están a realizar os promotores por desenvolver o territorio.