Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Sada acolle a exposición "Sopa de plástico" co apoio do Golfo Ártabro Sur

Onte tivo lugar a inauguración da exposición “Sopa de Plástico” da artista británica Mandy Barker. A exhibición atópase no bulevar das Mariñas, no concello de Sada, e poderá visitarse ata o 20 de outubro.
 
Esta mostra ten como obxectivo concienciar sobre a situación na que se atopa o plástico mariño. A artista emprega o lixo atopado no mar para crear impactantes imaxes. A obra de Barker recibiu diversos premios de fotografía medioambiental e xa foi exposta en lugares como o Victoria&Albert Museum de Londres, a sede de Nacións Unidas en Nova Iorque e o Parque Tecnolóxico e Científico de Hong-Kong.
 
No acto de presentación da exposición estiveron Federico López Viñas, xerente, e José Garrote Martín, secretario, do GALP Golfo Ártabro Sur, que impulsou o Festival Mar de Mares, evento dentro do que se enmarca “Sopa de Plástico”. Garrote amosou o compromiso deste GALP co Festival Mar de Mares.