Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Showcookings, obradoiros de ecoloxía ou mesas redondas na II edición de Maridar, que se inaugurou hoxe

-      A segunda edición do evento ao abeiro do financiamento do GALP Golfo Ártabro Sur inaugurouse hoxe en Sada coa presenza da conselleira do Mar, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, os presidentes de FAE As Mariñas, GALP e Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, así como o alcalde e a concelleira de Turismo de Sada.

-      A partir de hoxe e ao londo da fin de semana haberá obradoiros de cociña, degustacións, conferencias, unha entrega de premios e encontros entre produtores, entre outras actividade cousas.

-      O GALP Golfo Ártabro Sur contará co seu propio posto, onde dará a coñecer as axudas que ofrece ao sector do mar.

Gastronomía, patrimonio e ocio na comarca das Mariñas son algúns dos atractivos que poderán coñecer as persoas que asistan a partir de hoxe e ata o domingo 13 de setembro á segunda edición de ‘Maridar: Sabor das Mariñas, 2º Encontro de Produtores do Mar e da Terra, Ocio e Turismo de As Mariñas’. O acto, organizado pola Federación de Asociacións Empresariais (FAE) das Mariñas co financiamento do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur, celebrou esta mañá a súa inauguración.

No acto participou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, a presidenta da FAE As Mariñas, Aida Pérez, o presidente do GALP, Alberto Castro, o presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, José Antonio Santiso, o alcalde do Concello de Sada, Benito Portela, e a concelleira de Promoción Económica, Turismo e Emprego, Laura Rodríguez.

Así pois, a Praza Irmáns Suárez Picallo será o escenario da segunda edición deste evento que pretende dar a coñecer os produtos da contorna así como as súas propostas turísticas. O recinto estará aberto hoxe e o sábado 12 en horario de 10:00 h a 21:00 h, e o domingo 13 de 10:00 h a 14:00 h.

Ao longo destes días realizaranse mesas redondas, showcookings, obradoiros infantís de reciclaxe e ecoloxía, encontros entre produtores da contorna ou degustacións, entre outras cousas. A través delas coñeceremos a riqueza gastronómica da contorna, así como as súas ofertas a nivel turístico e de ocio. Todos os actos serán de balde. Tamén se celebrará a entrega do Premio “Maridar 2º Encontro. Sabor das Mariñas” (domingo ás 13:00h) a unha empresa ou produtor local.

Maridar acollerá máis de 30 stands con organismos, empresas e produtores e produtoras da contorna, que darán a coñecer os seus produtos e servizos ás persoas existentes e que terán, á súa vez, unha oportunidade única para poder establecer novas sinerxías. O GALP tamén estará presente co seu posto, no que as persoas interesadas poderán descubrir o traballo que desempeña esta entidade así como as súas axudas para aquelas iniciativas ou negocios vencellados ao sector do mar.

 

A presenza do mundo do mar será forte nesta nova edición, contando con postos A-02velas, Cadenote, Alamar, Marmar Outdoor, Escuela Navegación Sada, Confraría de Pescadores de Sada e Club de Regatas Salgado-Perillo.

A través da iniciativa Maridar o GALP Golfo Ártabro Sur pretende dar a a coñecer os produtos do mar e da terra propios e autóctonos da comarca das Mariñas e impulsar novas relacións entre produtores e produtoras.

 

Programación completa:

Venres, 11 de setembro | 10h. a 21h.

10h. Apertura do Mercado MARIDAR

11h. Acto Inaugural

12h. Conferencia: Proxecto Ourizo de Mar

12h. Showcooking: Cociñando peixe

13h. Mesa Redonda: Turismo do mar e da natureza na vila de Sada e na Comarca das Mariñas

17h. Conferencia: Cómo obter a marca “Reserva da Biosfera"

17h. Obradoiro infantil: Ecoloxía e reciclaxe.

17h. A saúde a través do deporte e da dieta. ¿Por qué enfermamos?

18h. Obradoiro: Cociña de menús equilibrados e saudables.

18:30h. Encontro: Dinamización empresarial mediante modelos colaborativos.

19h. Showcooking: Cociñando peixe

19:15h. Mesa Redonda: Economía Azul e Innovación.

Sábado, 12 de setembro | 10h. a 21h.

10h. Apertura do Mercado MARIDAR

Mostra Graffiti: Centenario Isaac Díaz Pardo.

11h. Mesa Redonda: Dinamización do turismo baseada no mar e na natureza.

11h. Obradoiro infantil: Traballos manuais con materiais do mar.

11h. Obradoiro de Medio Ambiente.

12h. Showcooking: Cociñando peixe

13:15 Mesa Redonda: Emprendemento Empresarial.

17h. Conferencia: Cooperación e solidariedade para unha sociedade máis xusta.

17h. Obradoiro infantil: Coñecer os animais mariños.

17h. Obradoiro Primeiros Auxilios.

18h. Cata: ¡Agudiza os teus sentidos!.

Domingo, 13 de setembro | 10h. a 14h.

10h. Apertura do Mercado MARIDAR

11h. Encontro: entre expositores co Concello de Sada e a Organización do evento.

11h. Obradoiro Maridaxe: Descubrindo os sabores da Comarca.

12h. Conferencia: A saúde a través da dieta.

12h. Obradoiro infantil de cociña: “Aprendendo a comer peixe".

13h. Entrega do Premio “MARIDAR 2º Encontro. Sabor das Mariñas” a una empresa ou produtor local.

13:30h. Acto de clausura.