O proxecto consiste na adecuación e mellora dun almacén no Porto de Oza utilizado pola Confraría de Pescadores da Coruña, co obxectivo de transformalo nun espazo funcional, seguro e adaptado ás necesidades dos profesionais do mar.
As actuacións inclúen a construción de baños con ducha, a instalación de portas e iluminación e a mellora xeral do acondicionamento do local. Así mesmo, habilitarase unha oficina acristalada para tarefas de xestión e control de recursos pesqueiros, organizaranse zonas de almacenaxe e crearase unha superficie de traballo común para a preparación, reparación e mantemento de material.
Con estas actuacións búscase optimizar o uso dun espazo actualmente infrautilizado, mellorar as condicións de traballo e organización dos socios e reforzar a xestión dos recursos pesqueiros, contribuíndo á modernización e sustentabilidade da actividade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como obxectivo adecuar e mellorar as instalacións da Confraría de Pescadores da Coruña no Porto de Oza, optimizando o uso dun almacén aberto do que dispón a Confraría en réxime de concesión por parte da Autoridade Portuaria da Coruña. A actuación busca transformar este espazo nun lugar útil, seguro e funcional, adaptado ás necesidades dos profesionais do mar e dos distintos sectores representados na Confraría.
Así mesmo, preténdese mellorar as condicións de traballo, a organización interna e a eficiencia no traballo diario dos socios e socias, así como contribuír a unha mellor xestión e control dos recursos pesqueiros locais.
O proxecto permitirá mellorar as condicións de hixiene, seguridade, funcionalidade e confort das instalacións do Porto de Oza. Así mesmo, facilitará unha mellor organización e conservación do material da Confraría e dos socios e socias, proporcionando unha superficie de traballo común para as tarefas de preparación, reparación, mantemento e posta a punto do material necesario para o desenvolvemento da súa actividade profesional.
A creación dunha oficina acristalada permitirá dispoñer dun espazo destinado a tarefas de xestión, coordinación e control, tendo en conta que o Porto de Oza é un punto de control de recursos específicos como o percebe e as algas.
En conxunto, a actuación permitirá optimizar o aproveitamento dun espazo actualmente infrautilizado e mellorar as infraestruturas dispoñibles para os socios e socias da Confraría, contribuíndo á xestión dos recursos pesqueiros e á continuidade e sustentabilidade da actividade pesqueira no Porto de Oza.
O proxecto contempla a execución de obras para a adecuación e mellora do almacén da Confraría no Porto de Oza. Entre as actuacións previstas inclúese a construción de baños con ducha, a instalación de portas e puntos de luz e a realización de traballos de pintura, co fin de mellorar as condicións de hixiene, seguridade, funcionalidade e confort da instalación.
Así mesmo, crearase unha pequena oficina acristalada destinada a tarefas de xestión, coordinación e control, especialmente relacionadas co control de recursos específicos como o percebe e as algas.
Tamén se habilitarán e organizarán zonas de almacenaxe para o material común da Confraría e para os distintos recursos e materiais dos socios, favorecendo unha mellor organización e conservación dos mesmos.
Por último, adecuarase unha superficie de traballo común para que os socios dos sectores de marisqueo, recursos específicos e pesca de baixura poidan realizar tarefas de preparación, reparación, mantemento e posta a punto do material necesario para o desenvolvemento da súa actividade profesional.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.3. Conseguir un sector pesqueiro profesional, innovador e igualitario no conxunto do territorio, xerando oportunidades para colectivos estratéxicos dentro do sector pesqueiro, ou relacionados coas actividades pesqueiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

