
Tres proxectos apoiados polo GALP Golfo Ártabro Sur foron incluídos no "V Catálogo de la Red Española de Grupos de Pesca (REGP) de Buenas Prácticas en DLP del FEMP".
Son:
▪ Ecoturismo no Golfo Ártabro promovido pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Esta nova experiencia permite ver o fondo do mar, sen mergullarse cunhas gafas de realidade virtual coas que visualizar vídeos 360º de tres zonas de gran valor ecolóxico.
▪ Proxecto de cooperación Proxecto Tanza, a través do que se propuxo a creación dun ecosistema emprendedor de proxectos e iniciativas de colaboración entre entidades de inclusión social e o sector pesqueiro.
▪ Proxecto de cooperación Relevo2 para promoción do relevo xeracional entre a mocidade. Do GALP Golfo Ártabro Sur participou o alumnado do IES David Buján (Cambre), IES Monte das Moas (A Coruña), O Mosteirón e Isaac Díaz Pardo (ambos de Sada) e Rego de Trabe (Culleredo).