
Ata o momento participaron nas entrevistas da fase inicial as Redeiras de Lorbé, a Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible, ACERGA, a Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de A Coruña, o Grupo Naturalista Hábitat, AMISADA, as fundacións INLADI e ASPACE, Ecos do Sur ONG, as asociacións Ría do Pedrido e Club Marítimo de Pesca Recreativa e Deportiva de Sada, Elas Pro-Igualdade da Muller e Socio Cultural de Mulleres "Meigas".
A sesión de coaching-formación serviu para presentar o proxecto “Un mar en común. A afouteza da xente do mar”, que é quen hai tras el, falar da importancia da cooperación para poñer en valor o territorio e fixar emprego, do papel da innovación e da tradición nos traballos relacionados co mar e, sobre todo, da colaboración colectiva para o futuro de Galicia.
Na actualidade, o Galp Golfo Ártabro Sur conta con preto de 40 entidades asociadas pertencentes ao sectores pesqueiro, social, económico e público, todas elas convidadas ao evento. Aproximadamente, unha veintena de persoas, pertencentes ás Redeiras de Lorbé, a Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible, ACERGA, a Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de A Coruña, o Grupo Naturalista Hábitat, AMISADA, as fundacións INLADI e ASPACE, Ecos do Sur ONG, as asociacións Ría do Pedrido e Club Marítimo de Pesca Recreativa e Deportiva de Sada, Elas Pro-Igualdade da Muller e Socio Cultural de Mulleres "Meigas", participaron xa nas entrevistas que a directora de proxecto, a antropóloga Cristina Valdés, está a realizar dende finais de setembro dentro da primeira fase do proxecto.
A interacción desta segunda parte do proxecto favorecerá as sinerxias co obxectivo de espertar, abrir e proxectar novas posibilidades de desenvolvemento e crecemento económico no territorio a través da interacción e a colaboración dos axentes locais, as entidades e os asociados.
Catros fases
“Un mar en común. A afouteza da xente do mar” é un proxecto colaborativo impulsado polos GALP Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, A Mariña-Ortegal xunto co GALP Golfo Ártabro Sur co obxectivo de fortalecer o tecido asociativo das catro entidades e dotar de ferramentas ás persoas socias para mellorar a súa relación e a súa comunicación interna e externa.
O traballo de investigación está a permitir facer unha diagnose da situación na que se atopa o sector e poñer en marcha un conxunto de accións (talleres, intercambios de boas prácticas) para impulsar a cooperación e a colaboración interterritorial mediante a participación dos 4 GALP promotores.
Estruturado en catro fases, na primeira entrevistous aos integrantes das asociacións que forman parte dos GALP para coñecer as súas opinións. Na segunda, a actual, realízanse as xornadas de formación/interacción segundo as necesidades que traslade cada grupo; e na terceira, farase unha posta en común entre as entidades pertencentes aos diferentes Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro.
Por último, na cuarta fase, publicaranse os resultados acadados durante a investigación e propoñerase un manual de boas prácticas que sirva de guía para manter a dinamización do tecido asociativo no futuro.