
Ampliar o proxecto da Aula do Freixo como espazo referente do traballo colaborativo entre entidades do sector pesqueiro, colectivos de inclusión social e entidades do territorio na posta en valor da Costa Sostible, dos seus recursos naturais e no deseño de iniciativa innovadoras vinculadas coa economía circular. Ampliación da cuberta e gañando un espazo que permita o traballo nunha zona protexida das inclemencias do tempo, o que asegure unhas mellores condicións espaciais para as actividades de limpeza e clasificación de plásticos e produción de pezas. Ademais preténdense dotar ás instalacións dunha caldeira de auga quente e lavadoras, facilitando o lavado de plásticos. Unha instalación que contará con subministro de enerxía limpa, procedente do sol, coa instalación de paneis na cuberta do edificio, o que ademais de contribuír ao uso de enerxías renovables, e racionalización do consumo, dotaría a edificación de maior coherencia co proxecto sostible de aproveitamento e transformación de plásticos.
Ademais o proxecto ten grandes posibilidades en transformarse nunha iniciativa viable de emprego para as persoas con capacidades diversas e que quedan excluídas do mercado de traballo. A Aula do Freixo, nese sentido, quere centrar parte das actividades en asentar un proxecto viable e que perdure no tempo.
O proxecto continúa coa vocación de ser un espazo para a sensibilización ambiental e a protección da nosas costa ao deseñar diferentes iniciativas de coidado e limpeza de areais. Neste sentido recóllense actividades dirixidas a establecer unha rede de traballo colaborativo cos colectivos ambientais e sociais do territorio dando a coñecer o proxecto e deseñando accións conxuntas que poidan beneficiar ao traballo desenvolto desde os diferentes axentes.
Ademais seguimos poñendo en valor o traballo das mulleres do mar ao ser o colectivo unha parte activa dentro do proxecto, tanto nas accións de divulgación da actividade marisqueira como nas accións de contacto co sector pesqueiro do territorio para dar a coñecer o proxecto e as pezas que se deseñen. A participación das mulleres do mar dentro das actividades deseñadas permiten visibilizar ao colectivo como axente dinamizador e adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para a súa diversificación profesional.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo xeral: Asentar o proxecto da Aula do Freixo como unha iniciativa de traballo colaborativo ao redor dunha actividade innovadora de economía circular.
* Abrir o proxecto a outras entidades do territorio asentando un espazo de intercambio de coñecementos e para o coidado e posta en valor da costa sostible e da economía circular.
* Accesibilidade e mellora das instalacións da Aula facilitando o desenvolvemento da actividade de deseño de pezas.
* Incorporar procedementos de traballo que aporten innovación ao proceso de deseño de pezas.
* Mellorar a calidade das pezas deseñadas coa aplicación de sistemas de seguimento e control de parámetros de calidade.
* Valorización das pezas e mellora da comunicación do proxecto.
* Estudar a viabilidade do proxecto como unha iniciativa para a creación de emprego das persoas usuarias das entidade de inclusión.
* Contribuír aos principios de responsabilidade social, inclusividade e apoio a iniciativas transformadoras.
ACTIVIDADE 1. MELLORA INSTALACIÓNS, AFORRO ENERXÉTICO E ACCESIBILLIDADE DA AULA SOSTIBLE DO FREIXO
1.1 Mellora de instalacións e aforro enerxético
Ampliación de cuberta exterior lateral para o aproveitamento de espazos dirixidos a actividades de limpeza de plásticos e transformación para o deseño de pezas.
Instalación dunha caldeira no edifico e de paneis solares para a subministración enerxética do edificio con enerxías limpas.
1.2 Obradoiro para a elaboración de decorado da Aula.
Taller formativo de decoración de ampliación en coherencia cos elementos de deseño do edificio. Obradoiro formativo con sesións de traballo dirixidas ás persoas usuarias das entidades de inclusión para o deseño das paredes resultantes das obras de mellora e accesibilidade do edificio da Aula.
ACTIVIDADE 2. TALLER DE PLÁSTICOS E DESEÑO DE PEZAS E ÚTILES
Programa de actividades que conta coa colaboración das entidades do sector do mar nas actividades relacionadas codeseño de útiles e testeo de prototipado de pezas. Trátase de reintroducir os novos produtos dentro da actividade pesqueira ou ben orientar o deseño de novos produtos que se identifiquen noutros ámbitos
2.1 Dotación de nova maquinaria, ferramentas e útiles de traballo.
Comprende a compra de ferramentas e útiles para o traballo no taller.
2.2 Deseño e formación de novas pezas.
Deseño de útiles e pezas para o sector pesqueiro. Asesoramento e formación para a adquisición de coñecementos para o deseño de novos útiles dirixido ás persoas usuarias das entidades de inclusión.
2.3 Compra de lavadoras e pilón.
Compra de lavadoras e pilón de limpeza de plásticos.
2.4 Estudo de viabilidade do proxecto como centro especial de emprego.
Análise para a integración laboral das persoas usuarias das entidades de inclusión.
ACTIVIDADE 3. EMPAQUETADO E ETIQUETADO DOS PRODUTOS
3.1 Talleres dirixidos ás persoas usuarias das entidades de inclusión para o deseño de aplicacións creativas con materias nobre e artesanais para o empaquetado e etiquetado de produtos con material de papelería e embalaxe reciclados.
ACTIVIDADE 4. ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN E VISIBILIZACIÓN DA AULA
4.1 Actividade de participación en feiras e eventos para a divulgación da Aula do Freixo.
4.2 Saídas de limpeza e recollida de residuos nos areais e camiños dirixida a usuarias das entidades de inclusión xunto coas mariscadoras.
4.3 Actividades de dinamización co sector pesqueiro. Encontro para a divulgación do proxecto e procura de alianzas de traballo en común.
4.4 Testeo de produtos e útiles deseñados dirixidos ás mariscadoras. Actividade de seguimento da calidade e utilidade dos produtos deñados para unha mellora e adaptacións aos usos.
4.5 Xuntanzas de traballo e visita a Aula coas entidades ambientalistas do territorio.
ACTIVIDADE 5. PLAN DE COMUNICACIÓN.
5.1 Plan de comunicación e redes sociais. Seguimento de actividade e deseño de contidos para a súa divulgación.
5.2 Deseño de dispositivos de comunicación e divulgación para empregar nas diferentes actividades e visibilizar o proxecto.
asentar a Aula do Freixo como centro referente do traballo en rede entre colectivos de integración social, a nivel territorial nos concellos que forman parte do GALP Costa Sostible, así como entre axentes do sector pesqueiro e outros colectivos sociais e profesionais no deseño diferentes programas e actividades nas que se promocionará a investigación e deseñado de pezas derivadas dos refugallos xerados na actividade pesqueira e a concienciación ao sector e á sociedade en xeral. Ao tempo acadarase unha maior concienciación de coidar e pór en valor o medio mariño e costeiro.
Obxectivo estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación.
Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícola.
2.2. Apoio a novos sectores da economía azul sostible.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

