Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Construción de edificio para a actividade de formación naútico pesqueira

Creación dun centro fixo de formación marítimo-pesqueira en Portosín, dando continuidade á experiencia de Ensino Profesional Galego S.L. como centro móbil de formación homologada para o sector marítimo. O novo centro contará con instalacións modernas e recursos tecnolóxicos avanzados que permitirán ampliar e mellorar a oferta formativa, incorporar novas ferramentas de simulación e facilitar unha formación especializada, accesible e adaptada ás necesidades presentes e futuras das persoas profesionais do mar.

O centro permitirá consolidar e ampliar a impartición de titulacións como mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón polivalente, así como incorporar novas formacións dirixidas a outros perfís profesionais do sector, entre eles as redeiras. Ademais, favorecerá a colaboración con confrarías e asociacións do territorio mediante convenios que faciliten o acceso á formación en condicións preferentes e ofrecerá asesoramento técnico e formativo especializado.

A implantación do centro contribuirá así á profesionalización e relevo xeracional do sector, á igualdade de oportunidades no acceso á formación e á modernización e competitividade da actividade marítimo-pesqueira.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Ensino Profesional Galego,S.L.
Datos de interese: 
https://enproga.com
Perfil empresarial: 
Sociedade Limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro do 2025
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
15/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
24
Anualidades: 
2026-2027-2028
Data fin de execución: 
27/03/2028
Ámbito de aplicación: 

Porto do Son 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
650.000,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
650.000,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
200.000,00 €
% Subvención: 
30,7
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
140.000,00 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
60,000,00 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
3
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
NON
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
-
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Consolidar en Portosín un centro fixo de formación marítimo-pesqueira, incrementando de forma significativa a capacidade formativa actual de Ensino Profesional Galego S.L. e posibilitando o desenvolvemento de novas accións formativas que non resultan viables mediante o modelo móbil. Mellorar a calidade e especialización da formación, especialmente nos ámbitos da seguridade marítima, prevención de riscos, supervivencia e loita contra incendios, facilitando a adaptación dos profesionais ás esixencias normativas nacionais e internacionais e contribuir á profesionalización e cualificación do sector, á creación de emprego e á dinamización económica e fixación de poboación nas comunidades costeiras.Finalmente favorecer a cooperación e o acceso a formación especializada de proximidade para o sector pesqueiro, facilitando a colaboración e o asesoramento a confrarías, asociacións de armadores, asociacións de redeiras e outras entidades e empresas vinculadas ao ámbito marítimo-pesqueiro.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto contempla, en primeiro lugar, a construción e adecuación das infraestruturas necesarias para o funcionamento do centro de formación marítimo-pesqueira, incluíndo aulas teóricas, espazos para prácticas de seguridade marítima, zonas de simulación e áreas auxiliares adaptadas á normativa vixente.

As instalacións permitirán ampliar e mellorar a oferta formativa dirixida a profesionais do mar, incluíndo tripulacións de pesca, redeiras, persoal da mariña civil, armadores, persoal portuario e outros traballadores vinculados ás actividades marítimas. Tamén se facilitará o acceso á formación de mozos e mozas que se incorporen ao sector, persoas desempregadas e traballadores que precisen actualizar ou reciclar as súas competencias.

De forma indirecta, a iniciativa contribuirá á creación de emprego, á dinamización económica local e á mellora da seguridade, cualificación e profesionalización do sector marítimo-pesqueiro, favorecendo o desenvolvemento sostible das comunidades costeiras.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1. Sector da Pesca.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.5.2. Obradoiros de capacitación para a remuda xeracional nos sectores da pesca.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)