
Mediante a execución desta proposta tratarase de poñer en valor a historia local vinculada ao mar e a súa industria a través de diferentes actividades informativas e de divulgación: exposición de paneis itinerantes unidade didáctica sobre as etapas de traballo e fases do produto pesqueiro e unha ruta polo patrimonio industrial mariñeiro. Para o desenvolvemento das actividades, terase en conta a participación de axentes locais de importancia dentro do sector do mar, que actuarán como informantes clave da memoria do mar da Pobra.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Poñer en marcha actividades que poñan en valor os espazos do litoral do concello de A Pobra do Caramiñal como elementos identitarios clave da súa historia local vinculada ao mar, favorecendo o turismo mariñeiro e súa diversificación.
- Resaltar a calidade diferencial dos produtos locais do mar procedentes do marisqueo e da acuicultura (propiedades nutricionais, fonte de saúde, produtos de Km0, orixe local) para mellorar o seu consumo entre a poboación local.
- Promover entre distintos perfís da poboación o consumo de produtos procedentes da actividade mariñeira local.
- Dar a coñecer a historia e memoria mariñeira da Pobra do Caramiñal entre a súa poboación local, implicando no proceso a axentes clave.
- Aumento do consumo do produto pesqueiro e marisqueiro na poboación xeral grazas ao desenvolvemento de actividades para a súa posta en valor e recoñecemento entre a poboación.
- Mellora da valorización do produto pesqueiro e marisqueiro e a súa extracción sostible na poboación xeral grazas á creación de material didáctico e divulgativo sobre esta actividade litoral.
- Maior coñecemento entre os distintos públicos obxectivo (escolares, poboación local, poboación visitante, etc.) da historia mariñeira local.
- Mellora da oferta turística do concello en canto a actividades de turismo mariñeiro.
- Exposición de paneis itinerantes [2026]
- Unidade didáctica sobre as etapas de traballo e fases do produto pesqueiro [2027]
- Ruta polo patrimonio industrial mariñeiro [2028]
Promover a diversificación do sector a través de novas actividades ou novos aproveitamentos de recursos, a través da economía circular ou outros sectores
Accións dirixidas á procura dun modelo de desenvolvemento turístico acorde ao xeodestino, vinculado co sector pesqueiro e sostible social.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

