
O proxecto consiste na adquisición dunha grúa pórtico marina tipo travelift provista de pluma para desbolado, con capacidade efectiva de 65 Toneladas e una altura entre pastecas que permitirá o izado de embarcacións de quilla profunda para labores de mantenimiento, posta a punto ou retirada.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto é a adquisición dunha grúa pórtico marina tipo travelift de última xeneración e con capacidade efectiva de 65 Toneladas, provista de grúa para desarbolado de entre 800 kg e 2 Toneladas.
Esta grúa virá a sustituir á grúa pórtico existente, por atoparse moi limitada a súa capacidade operativa, habendo superado xa a súa vida útil, e atoparse en situación de risco grave tanto para os barcos como para os operarios.
A nova grúa pórtico permitirá diversificar o servizo prestado na actualidade, de maneira que poderán izarse embarcacións moito máis pesadas e de maior eslora, así como embarcación con quilla máis
profunda, posto que o novo equipo contará cunha capacidade dinámica moi superior a existente.
Esta diversificación dará como resultado un servizo máis completo, abarcando maior número de usuarios potenciais.
Obxectivo 1: Diversificación do servizo de izado de embarcacións, para permitir o izado de barcos de maior tonelaxe e eslora.
Obxectivo 2: Mellora da seguridade dos usuarios e operarios do servizo de izado.
Obxectivo 3: Modernización das instalacións, e consecuente diminución das emisións de Co2 do equipo Diesel existente.
O obxecto do proxecto é a adquisición dunha grúa portico marina tipo travelift provista de pluma para desarbolado, con capacidade efectiva de 65 Toneladas e unha altura entre pastecas que permitirá o izado de embarcacións de quilla profunda.
Estará localizada no varadoiro do Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo, e operará no foso de izada existente.
A actividade principal da grúa será o izado de embarcacións dende o mar ata o dique seco, para labores de mantemento, posta a punto ou retirada, así como o traslado dende dique seco ata o mar (botadura).
A situación operativa do porto na actualidade demanda un novo equipo, por encontrarse a grúa existente en situación de obsolescencia e grave risco tanto para as embarcacións como para os operarios que manexan o pórtico.
2. Apoiar á diversificación dentro ou fóra da pesca comercial, apoio ao aprendizaxe permanente, á creación de emprego a á mellora do benestar social na zona costeira.
2.1.2. Mellora da oferta de produtos e servizos de integración intersectorial, abondando en medidas para a desestacionalización do turismo e na sustentabilidade das iniciativas.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)