Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación de proyectos

PERÍODO FEMPA 2021-2027

Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e da Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023 (código de procedemento PE155A)

Os solicitantes poderán concorrer de maneira individual ou conxuntamente.

No caso de concorrer de forma individual deberán presentar a memoria e orzamento debidamente cumprimentados utilizando o documento Memoria de proxecto PE155A en formato PDF e a  folla de cálculo (Plan económico 155A) que poden descargar a continuación:

No caso de concorrer conxuntamente como unha agrupación de entidades (proxectos conxuntos) deberán presentar a Memoria de proxecto PE155A cos datos globais do proxecto debidamente cumprimentados,  un Anexo Memoria PE155A para proxectos conxuntos para cada unha das entidades socias do proxecto así como o  Plan económico 155A  individual  para cada un dos participantes e outro  Plan económico PE155A co sumatorio dos datos de todos os participantes.  Poden descargar un documento con  Instruccións para cubrir proxectos